casita

casita
  1. adx

    Relativo ou pertencente aos casitas.

  2. s [HIST]

    Individuo do pobo casita.

  3. s m [HIST]

    Pobo de orixe incerta, que invadiu o país de Babilonia desde os montes Zagros, pola presión que naquela época exercían os hurritas nas rexións do N de Mesopotamia. Tomaron Babilonia pouco despois do 1600 a C, aproveitando unha incursión dos hititas, dominaron o país desde a metade do s XVI a C e fundaron a terceira dinastía de Babilonia. Á parte dos nomes dos reis, apenas se ten coñecemento desta época, agás que foi un período de reflorecemento feudal. Parece ser que expandiron o reino ao conquistar o País do Mar no s XV a C, pero caeron tralos ataques do Elam arredor do ano 1160 a C.