"Castelo Branco" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Queixo elaborado no distrito de Castelo Branco con leite de ovella ou de cabra; o de ovella parécese ao Queijo da Serra da Estrela e o de cabra é un queixo mol que se vende fresco, con só dez días de maduración, aínda que se madura máis intensifícase o seu sabor. Outra variante é aquela que aos oito días de maduración se cobre con cinza e despois con arestas durante tres meses con regularidade, para evitar que colla balor. Non ten codia e é cremoso e amargo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do distrito homónimo, na Beira Baixa, Portugal, situada na meseta entre os ríos Ponsul e Ocreza (27.300 h [1993]). A principal actividade económica é a industrial, sobre todo o sector madeireiro e téxtil. A cidade está coroada por un castelo que pertenceu á orde dos Templarios. Conserva restos da época romana e, entre 1771 e 1882, foi Sé Episcopal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Portugal, situado na Beira Baixa (6.675 km2; 211.800 h [1993]). A capital é Castelo Branco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Autor polifacético, enmarcado no romanticismo, está considerado como o Balzac luso. Triunfou na novela pasional centrada na vida da nobreza provinciana e da burguesía do Porto, de acordo cos tópicos románticos populares máis exaltados e anticlericais. As súas primeiras novelas apareceron nas páxinas dos xornais Eco Popular e O Nacional, e, posteriormente, exerceu o xornalismo na Gazeta Litéraria (1868). Na súa extensa produción destacan os volumes de poesía lírica Pundonores desagravados (1845), Murraca (1849), Inspirações (1852), Ao anoitecer da vida (1876); as pezas teatrais Agostinho de Ceuta (1848) e Abençoadas lágrimas (1862); as obras de crítica literaria Esbozos de apreciações literárias (1866) e Curso de literatura portuguesa (1879); e, entre a súa produción novelística, obras como Doze casamentos felizes (1861), Noites de Lamego (1863), Coração, cabeça...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político brasileiro, do estado de Ceará. Foi mariscal e xefe do Estado Maior. Despois do golpe militar que derrocou a João Goulart en marzo de 1964, foi elixido presidente da República, cargo que ocupou ata que en 1967 foi substituído por Costa e Silva. Durante o seu mandato levou a cabo unha forte represión contra a oposición e aprobou unha nova Constitución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e político portugués, sobriño de Camilo Castelo Branco. Deputado polo partido rexenerador, exerceu os cargos de ministro dos Assuntos Estrangeiros, embaixador en China e gobernador civil de Lisboa. Colaborou tamén en diversos xornais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico portugués. Coñecido como Amatus Lusitanus, estudou en Salamanca, Portugal, Flandres (1534), Italia (1541) e Salónica (1556). A súa obra máis importante é Centurias médicas (Florencia, 1551).

    VER O DETALLE DO TERMO