Castelo Branco, Camilo
Escritor. Autor polifacético, enmarcado no romanticismo, está considerado como o Balzac luso. Triunfou na novela pasional centrada na vida da nobreza provinciana e da burguesía do Porto, de acordo cos tópicos románticos populares máis exaltados e anticlericais. As súas primeiras novelas apareceron nas páxinas dos xornais Eco Popular e O Nacional, e, posteriormente, exerceu o xornalismo na Gazeta Litéraria (1868). Na súa extensa produción destacan os volumes de poesía lírica Pundonores desagravados (1845), Murraca (1849), Inspirações (1852), Ao anoitecer da vida (1876); as pezas teatrais Agostinho de Ceuta (1848) e Abençoadas lágrimas (1862); as obras de crítica literaria Esbozos de apreciações literárias (1866) e Curso de literatura portuguesa (1879); e, entre a súa produción novelística, obras como Doze casamentos felizes (1861), Noites de Lamego (1863), Coração, cabeça e estômago (1862), Anátema (1851), Mistérios de Lisboa (1854), O Livro negro do Padre Dinis (1855), Cenas contemporâneas (1855-1856), Onde está a felicidade? (1856), Amor de Perdição (1862), Amor de Salvação (1864), O judeu (1867), Coisas espantosas (1862), Eusebio Macario (1875), Novelas do Minho (1875-1877) e Brasileira de Prazins (1883).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Lisboa -
Deceso
Lugar : São Miguel de Seide, Minho