"Castro Caldelas" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Castro Caldelas baixo a advocación de san Sebastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da Terra de Caldelas e cabeceira desa comarca, situado na provincia de Ourense no L da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N cos concellos de Monforte de Lemos e Sober (Terra de Lemos), e Ribas de Sil (Quiroga); ao L co de San Xoán de Río (Terra de Trives), ao S co de Chandrexa de Queixa (Terra de Trives), e ao O cos de Montederramo e A Teixeira (Terra de Caldelas). Abrangue unha superficie de 87,6 km 2 cunha poboación de 1.687 h (2007), distribuídos nas parroquias de Alais, O Burgo, Camba, Castro Caldelas, Folgoso, Mazaira, Paradela, Pedrouzos, Poboeiros, San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda, Sas de Penelas, Trabazos, Tronceda, Vilamaior de Caldelas e Vimieiro. A capital é a vila de Castro Caldelas, na parroquia de Castro Caldelas, situada a 42° 22’ 20’’ de latitude N e 7° 24’ 7’’ de lonxitude O, 156 km ao SL de Santiago de Compostela e 51 km ao L de Ourense. Está adscrito ao partido xudicial da Pobra de Trives e diocese de Ourense.
    Xeografía...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Castelo situado no alto de Castro Caldelas. Posiblemente disposto sobre un enclave castrexo, como parece indicar o topónimo castro, levantouse como construción defensiva. Durante a época romana o castro transformouse nun oppidum situado na encrucillada das vías romanas que unían Braga con Astorga e Chaves con Lugo. O edificio conserva partes iniciadas na segunda metade do s XIV. Os partidarios de Enrique de Trastámara nas loitas contra Pedro I tomárona en 1370 e, máis tarde, sufriu a destrución na Revolta dos Irmandiños en 1467. O conde de Lemos, Pedro Osorio, mandouna reconstruír e deulle a planta definitiva en 1560. Permaneceu en mans dos señores de Lemos ata finais do s XVIII, pero, ao morrer sen descendencia, o derradeiro conde pasou á Casa de Alba. Consérvase un recinto amurallado con planta de polígono irregular dotado de tres torres (a do reloxo e a do homenaxe semellan ser as máis antigas). Posteriormente se engadiu o celeiro e a adega. Conserva o patio de armas, parte...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Romaría celebrada anualmente en Castro Caldelas na honra á Virxe do Remedios. Comeza coa ornamentación da vila o 6 de setembro e ao día seguinte celébrase a Noite das Bandeiras. Ao redor do santuario, construído en 1840, ten lugar o día 8 a procesión e a misa solemne. Como elementos máis característicos do folclore destaca o Irrio Peliqueiro, a máscara que vai por diante na procesión. Antigamente tamén se facía unha danza de arcos e sacabanse á rúa xigantóns e cabezudos.

    VER O DETALLE DO TERMO