"Castromil" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Mezquita baixo a advocación da Nosa Señora da Encarnación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa de transportes fundada por Evaristo Castromil no ano 1917, que tiña como obxectivo último unir as cidades da Coruña e Vigo. A súa primeira liña, inaugurada no ano da súa fundación, foi Santiago de Compostela-Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1924, trala constitución da Unión Nacional de Transportes, concedéronlle as liñas A Coruña-Santiago de Compostela, Santiago de Compostela-Vigo e Santiago de Compostela-Ourense. No ano 1929, cando xa contaba cunha flota de 43 vehículos, constituíuse como sociedade anónima e instalou as súas oficinas no edificio Castromil, en Santiago de Compostela, de estilo modernista. En 1933, o fillo do fundador, Ramón Castromil Casal, ocupou a presidencia da compañía, mentres o seu pai se reservaba o posto de conselleiro delegado. En 1969, trala morte de Evaristo Castromil, foi o seu neto, Ramón Castromil Ventureira, quen se fixo cargo da empresa ata 1994, data na que pasou a mans do irmán máis novo, Xavier Castromil Ventureira. A partir de 1970 a empresa...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico e cirurxián. Centrou a súa actividade médica no ámbito clínico, principalmente na cirurxía vascular. Formouse en cirurxía xeral co doutor Xerardo Fernández Albor no Policlínico La Rosaleda, en Santiago de Compostela, e foi médico adxunto do servizo de cirurxía vascular do doutor Sobregrau no hospital Vall d´Hebron de Barcelona (1970-1975). Posteriormente foi xefe do servizo de anxioloxía e cirurxía vascular do centro médico POVISA de Vigo (1976-1998); dende ese posto modernizou a cirurxía vascular en Galicia. Entre as súas publicacións destaca “Isquemia aguda producida por drogas y fármacos” (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Empresario, pianista e político. Licenciado en Dereito (1954), realizou estudios musicais en Santiago de Compostela con Ángel Brage e no Real Conservatorio de Música y Declamación de Madrid con Cubiles e Aroca e obtivo en 1951 o primeiro premio do Conservatorio Nacional. Continuou a súa formación pianística en París con Ives Nat e, na École Normale de Musique, con Alfred Cortot; posteriormente, foi discípulo de Carlo Zecchi en Roma e de Guido Agosti en Siena, e desenvolveu a súa actividade como concertista en España, Italia, Portugal, Marrocos, Francia, Austria, Arxentina e Noruega, entre outros países. Docente no Conservatorio de Santiago de Compostela, actuou como solista coas principais orquestras españolas e europeas. En 1969 foi designado presidente da empresa Castromil trala morte do seu avó, Evaristo Castromil. Baixo a súa dirección a empresa experimentou unha grande expansión e un proceso de modernización. Preocupado pola galeguización do mundo empresarial, desenvolveu...

    VER O DETALLE DO TERMO