"Caulerpa" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas verdes da orde das caulerpais, de organización sifonal, cunha parte rastreira e outra erguida e laminar. Nas últimas décadas do s XX, a especie C. taxifolia introduciuse involuntariamente nas costas mediterráneas occidentais a partir dos exemplares empregados en acuariofilia; deste xeito, a especie proliferou alarmantemente e cubriu os fondos, feito que provocou unha considerable mingua das algas autóctonas e da fauna asociada a estas.
-
-
Relativo ou pertencente ás caulerpais.
-
Alga da orde das caulerpais.
-
Orde de clorofíceas mariñas de talo sifonal. Caracterízanse pola posesión de plastos de dous tipos (cloroplastos e amiloplastos) e pola formación de gametos biflaxelados. Viven fundamentalmente en augas quentes. Pertencen a esta orde os xéneros Caulerpa, Codium e Derbesia.
-