"Cepeda" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pazos de Borbén baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe en topónimos homónimos. O nome de lugar de carácter abundancial Cepeda remite ao latín *cippetu, derivado de cippu ‘cepo’. Aínda que a voz galega cepo pode ter varios significados na toponimia, é posible que remita á abundancia no lugar da parte inferior das árbores que queda no terreo unha vez cortado o toro. Documéntase no século XV: “Afonso de Çepeda” (doc ano 1483 en X. Ferro Couselo, A vida e a fala dos devanceiros. Escolma de documentos en galego dos séculos XIII ao XVI, vol II, 1967, p 205).

    2. Liñaxe procedente da vila salmantina de Cepeda. O seu tronco constitúeo Vasco Vázquez de Cepeda, señor de Cepeda, que acompañou o Rei Afonso XI no sitio de Xibraltar. Estendeuse por Galicia, León, Asturias, Zamora, Palencia, Valladolid, Ávila, Toledo, Extremadura e Andalucía. Á rama de Ávila pertenceu santa Teresa de Xesús. As súas armas levan, en campo de goles, unha vide cun acio, follas e gabiáns, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Teresa de Xesús.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Política e historiadora. Participou, en Toulouse, no movemento antifranquista (1971-1976). Formou parte do consello nacional do BNG (1982) e foi responsable de prensa e de relacións exteriores. Participou como observadora na comisión intergrupos e pertenceu ao grupo parlamentario Europa dos Pobos no Parlamento Europeo. Formou parte da comisión política que elaborou as declaracións de Barcelona, Gasteiz e Santiago de Compostela. Foi concelleira na corporación municipal de Santiago de Compostela (1991-2003). Colaborou en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina e Festa da Palabra Silenciada con diversos artigos sobre a muller na historia e publicou Anacos de Esperanza (2003). Recibiu 2003 o Premio Archival outorgado pola Asociación para la Recuperación de los Centros Históricos de España.

    VER O DETALLE DO TERMO