Otero Cepeda, Encarna
Política e historiadora. Participou, en Toulouse, no movemento antifranquista (1971-1976). Formou parte do consello nacional do BNG (1982) e foi responsable de prensa e de relacións exteriores. Participou como observadora na comisión intergrupos e pertenceu ao grupo parlamentario Europa dos Pobos no Parlamento Europeo. Formou parte da comisión política que elaborou as declaracións de Barcelona, Gasteiz e Santiago de Compostela. Foi concelleira na corporación municipal de Santiago de Compostela (1991-2003). Colaborou en diferentes publicacións como A Nosa Terra, O Ensino, Andaina e Festa da Palabra Silenciada con diversos artigos sobre a muller na historia e publicou Anacos de Esperanza (2003). Recibiu 2003 o Premio Archival outorgado pola Asociación para la Recuperación de los Centros Históricos de España.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela