"Cerceau" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Androuet Du Cerceau.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de arquitectos e decoradores franceses. O iniciador da estirpe foi Jacques Androuet du Cerceau o Vello (París 1510?-Annecy 1585?). Da súa obra arquitectónica non se conserva nada. Realizou gravados nos que representou de forma compilada motivos decorativos, deseños de mobles, deseño de vivendas urbanas e planos arquitectónicos. Introdutor dun repertorio manierista, a súa obra teórica influíu notablemente nos modelos arquitectónicos da Francia do s XVII. Escribiu o Livre d’Architecture (Libro de arquitectura, 1559) e Les plus excellents bastiments de France (As construcións máis notables de Francia, 1576-1579). Jean Baptiste Androuet du Cerceau (París 1545?-1590?), fillo de Jacques o Vello, foi nomeado arquitecto ordinario do rei en 1584. Trazou o Hôtel Lamoignon (1584) e probablemente proxectou o Hôtel d’Angoulême de París (1584). Participou nos proxectos de renovación urbanística de París coordinados por Enrique IV, dirixiu a construción da Pont Neuf...

    VER O DETALLE DO TERMO