"Cerdedo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cerdedo baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca de Tabeirós-Terra de Montes, situado na provincia de Pontevedra no centro da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N co concello da Estrada, ap L co de Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes), ao S cos de Cotobade (comarca de Pontevedra) e Forcarei, e ao O cos de Cotobade e Campo Lameiro (ambos os dous da comarca de Pontevedra). Abrangue unha superficie de 79,8 km 2 cunha poboación de 2.402 h (2007), distribuída nas parroquias de Castro, Cerdedo, Figueiroa, Folgoso, Parada, Pedre, Quireza e Tomonde. A capital municipal é a vila de Cerdedo, situada a 42° 31’ de latitude N e 8° 23’ de lonxitude O, 28 km ao NL de Pontevedra e 53 km ao S de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial da Estrada e á arquidiocese de Santiago.
    Xeografía física
    O termo municipal de Cerdedo está baixo o dominio climático oceánico, aínda que a influencia marítima está atenuada pola altitude. As temperaturas son xeralmente frescas. A temperatura...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Cerdedo. De orixe románica presentaba nun comezo planta única con cuberta de madeira e ábsida rectangular na cabeceira. Coa ampliación da cabeceira no s XVII transformouse nunha igrexa de planta cruciforme. A fachada realizouse en 1779 baixo a dirección do reitor Ramón Vicente Moas e Barreiro. De estilo barroco clasicista remata cun dobre campanario. No interior consérvase un Ecce Homo atribuído a Xosé Gambino e un paso de Semana Santa de finais do s XVIII que se relaciona co escultor Ferreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO