Cerdedo, San Xoán de
Cerdedo, San Xoán de
Igrexa parroquial situada en Cerdedo. De orixe románica presentaba nun comezo planta única con cuberta de madeira e ábsida rectangular na cabeceira. Coa ampliación da cabeceira no s XVII transformouse nunha igrexa de planta cruciforme. A fachada realizouse en 1779 baixo a dirección do reitor Ramón Vicente Moas e Barreiro. De estilo barroco clasicista remata cun dobre campanario. No interior consérvase un Ecce Homo atribuído a Xosé Gambino e un paso de Semana Santa de finais do s XVIII que se relaciona co escultor Ferreiro.