"Cerezo" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe castelá, natural da vila burgalesa de Medina de Pomas. Estendeuse por Galicia, La Rioja, Jaén, Sevilla, València e unha rama pasou a Ecuador. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de ouro, cunha cerdeira de sinople; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, con tres flores de lis de ouro.
-
PERSOEIRO
Político. Membro da Democracia Cristiana Guatemalteca (DCG), foi presidente de Guatemala entre 1986 e 1991. Iniciou conversas coa guerrilla, pero, ante a presión da extrema dereita e do exército, acabou por impoñer unha política represiva.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor, fillo e discípulo de Mateo Cerezo o Vello. Estableceuse en Madrid no 1641 e traballou no obradoiro de Juan Carreño de Miranda. O seu estilo caracterízase polo colorido e pola beleza das figuras. Da súa obra destaca Desposorios místicos de Santa Catalina (1660), os temas franciscanos plasmados na Aparición de la Virgen a San Francisco (1661), os temas da Madalena reflectidos en Magdalena penitente (1661), e as naturezas mortas.
VER O DETALLE DO TERMO