"Chacón" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 12.

  • PERSOEIRO

    Mestre de sala. Foi tesoureiro de Isabel I a Católica. Loitou nas guerras de Portugal e na de Granada e obtivo, ademais de numerosos cargos, diferentes señoríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Vicerrei de Navarra e gobernador de Galicia. Primeiro conde e marqués de Caracena e primeiro conde de Pinto. Formou parte do Consello de Estado e foi lugartenente de València (1605-1615). Como consecuencia do decreto do 22 de setembro de 1609, tivo lugar a expulsión dos moriscos de València, e el mesmo se ocupou de dirixir as operacións de embarque.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estendeu pola localidade toledana de Ocaña. Unha rama pasou a Cuba. As súas armas levan escudo acuartelado: primeiro e cuarto cuartel, en campo de prata, cun lobo andante de sable; segundo e terceiro cuartel, en campo de azul, cunha flor de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Agrupación Socialista de La Habana na primeira década do s XX, foi expulsado de Cuba en 1911. En 1916 constituíu na Coruña a Unión Tabacalera, primeiro sindicato de clase das cigarreiras da Fábrica de Tabacos. Foi candidato nas eleccións á alcaldía de 1917 pola Agrupación Socialista da Coruña. No 1918 a Unión Tabacalera federouse na UGT baixo a súa influencia. Deixou o PSOE no 1921 e presidiu desde A Coruña a Federación Tabaquera Española, de carácter autónomo, e na que se integrou o persoal das fábricas de tabacos do Estado. Na Guerra Civil incorporouse á UGT e formou parte da Executiva Federal no exilio francés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carmen Fernández Chacón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Freire mercedario. Entre 1810 e 1815 editou, xunto a frei Nicolao de Castro, Exacto Correo de España en La Coruña; entre 1811 e 1817, El Postillón del Exacto Correo de España en La Coruña, e entre 1813 e 1814 foi o impresor do Diario de La Coruña a la Aurora. As súas tendencias absolutistas, manifestadas sempre a través destas publicacións, compensounas Fernando VII ao nomealo cóengo da catedral de Ávila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Danza característica do período barroco, orixinaria de América Latina como danza cantada. Foi moi popular en España e Italia no s XVII e é frecuente nas obras escénicas de Lully e na música alemá para teclado de finais do s XVII e comezos do XVIII.

    2. Música e composición elaboradas para esta danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tecido fino de algodón, de cores vivas, que se empregaba no s XIX.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome con que se denominaban as cigarreiras coruñesas afiliadas ao sindicato da industria do tabaco, Unión Tabacalera, fundado en 1916 polo militante socialista Severino Chacón e vinculado á Unión General de Trabajadores (UGT).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Artista plástica. Graduada en artes aplicadas e oficios artísticos na especialidade de interiorismo, ampliou estudios en diversos cursos e talleres. Partiu da figuración para achegarse á abstracción. Utilizou técnicas mixtas como o gravado, a cerámica e o óleo na procura dunha ambigüedade tomada das formas da natureza con formas óseas e vexetais, das diferentes texturas ou das cores. Nas instalacións de Wood Blood (2001) analizou a intervención do home na natureza. Comezou a expoñer en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1988), Premio Penagos (Madrid, 1991-1992), Galicia Terra Única (1997), Salon d’Art Contemporain des Pays Celtes (Lorient, 2000) e na VII Mostra Unión Fenosa (2001). Formou parte, en diversas convocatorias, do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Autor Galego do Certame Internacional de Debuxo X. Pérez Villaamil (1990). A súa obra está presente,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político, marqués de Santa María. Foi auditor xeral do exército e fiscal do Consello Supremo de Guerra. Militou no liberalismo moderado, baixo a sombra de U. Montero Ríos. Foi senador pola provincia de Pontevedra en oito lexislaturas (1905-1907 e 1910-1923) e pola de Lugo (1907-1910). Colaborador do xornal El Español, publicou Manual Práctico de los Tribunales Militares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico. Formou parte da Junta Central de la Vacuna de Cuba onde aplicou por primeira vez a vacina da varíola (1804). Escribiu Disertación sobre la fiebre maligna llamada vulgarmente Vómito Negro, enfermedad epidémica de las Indias Occidentales, que constitúe unha das mellores monografías sobre febre amarela da época.

    VER O DETALLE DO TERMO