Chacón, Xoán

Chacón, Xoán

Freire mercedario. Entre 1810 e 1815 editou, xunto a frei Nicolao de Castro, Exacto Correo de España en La Coruña; entre 1811 e 1817, El Postillón del Exacto Correo de España en La Coruña, e entre 1813 e 1814 foi o impresor do Diario de La Coruña a la Aurora. As súas tendencias absolutistas, manifestadas sempre a través destas publicacións, compensounas Fernando VII ao nomealo cóengo da catedral de Ávila.