Fernández Chacón, Carmen

Fernández Chacón, Carmen

Artista plástica. Graduada en artes aplicadas e oficios artísticos na especialidade de interiorismo, ampliou estudios en diversos cursos e talleres. Partiu da figuración para achegarse á abstracción. Utilizou técnicas mixtas como o gravado, a cerámica e o óleo na procura dunha ambigüedade tomada das formas da natureza con formas óseas e vexetais, das diferentes texturas ou das cores. Nas instalacións de Wood Blood (2001) analizou a intervención do home na natureza. Comezou a expoñer en 1985 e participou, entre outras mostras colectivas, en Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1988), Premio Penagos (Madrid, 1991-1992), Galicia Terra Única (1997), Salon d’Art Contemporain des Pays Celtes (Lorient, 2000) e na VII Mostra Unión Fenosa (2001). Formou parte, en diversas convocatorias, do xurado do Premio Internacional de Gravado Máximo Ramos. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Autor Galego do Certame Internacional de Debuxo X. Pérez Villaamil (1990). A súa obra está presente, entre outras, nas coleccións da Xunta de Galicia, no Museo Unión Fenosa e na Câmara Municipal de Vila Franca de Xira.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña