"Chipre" (Contén)
Mostrando 9 resultados de 9.
-
ENTRADA LARGA
Estado insular do Mediterráneo oriental, situado a uns 100 km ao S da península de Anatolia. Estendida entre os 34° e os 36° de latitude N e os 32° e 34° de lonxitude L, abrangue unha superficie de 9.251 km2 nos que acolle unha poboación de 771.000 h (estim 1998). A capital é Nicosia. Trala súa independencia (16.8.1960) a illa acolleu un único estado; sen embargo, as tensións entre as comunidades grega e turca levaron á ocupación da parte setentrional polo exército turco (15.7.1974) e a proclamación do Estado Federado Turcochipriota (13.2.1975), que logo se converteu en República Turca de Chipre Setentrional (15.11.1983), que só está recoñecida por Turquía.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Terceira en extensión das illas do Mediterráneo, Chipre está constituída basicamente por dúas cordilleiras que a atravesan en dirección L-O, separadas pola gran chaira central de Mesaria. A cadea montañosa do N, chamada cordilleira de Kirencia ou Pendadakhtilos, ten unha lonxitude... -
REPUBLICAS
Estado independente situado ao N da illa de Chipre, no Mediterráneo oriental, ao S de Turquía (3.355 km2; 198.215 h [1996]), proclamado o de 15 de novembro de 1983 logo de nove anos de ocupación militar turca. Non está recoñecido internacionalmente máis que por Turquía e forma parte legal da República de Chipre.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1218-1253), fillo de Hugo I. Ao chegar á maioría de idade, liberouse das tropas do Emperador Federico II (1233). Converteuse en señor de Xerusalén (1246) e acompañou a Luís IX de Francia na Cruzada (1249).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1284-1324) e derradeiro rei de Xerusalén (1284-1291), fillo do Rei Hugo III. Sucedeu no trono ao seu irmán Xoán I. Trala caída de Trípoli (1289) e Acre (1291), perdeu os territorios de Terra Santa fronte aos mamelucos de Exipto. Marchou a Chipre onde gobernou ata que o seu irmán Amaury o secuestrou e o exiliou en Cilicia. Tralo asasinato do seu irmán polos nobres do reino (1310), restituírono no trono. Casou con Costanza, filla de Federico III de Sicilia (1318).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre (1267-1284) e de Xerusalén (1269-1284), sucesor do seu primo Hugo II. Paralizado pola insubordinación en Chipre e en Xerusalén, fracasou nos intentos de restaurar a dominación franca en Siria.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Chipre e de Xerusalén (1324-1358), sucesor do seu tío Enrique II. Aliado co papado, Venecia e os cabaleiros de Rodas, liberou Esmirna do poder turco en 1343.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón, filla de Hugo III de Chipre e Xerusalén. Casou en 1315 con Xaime II de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo guerrilleiro fundado en 1954 e dirixido por Georgios Grivas, que loitou contra os británicos para acadar a independencia de Chipre. Despois de disolverse apareceu de cando en vez para atentar contra o goberno republicano ou contra a comunidade turco-chipriota.
-
PERSOEIRO
Rei de Chipre e de Xerusalén (1359-1369), conde de Trípoli, fillo e sucesor de Hugo IV de Chipre. Sucedeu a este no trono e emprendeu unha nova cruzada. De regreso a Chipre, tivo que escoitar a denuncia dos baróns da infidelidade da súa muller durante a súa ausencia. Negouse a castigala e vingouse do conde de Rochas, que fixera a denuncia, facéndoo encarcerar. Este feito provocou as iras da alta corte dos baróns e foi a causa do seu asasinato.
VER O DETALLE DO TERMO