Subiaco
Subiaco
Cidade situada na provincia de Roma, Lacio, Italia (8.900 h [estim 2001]). Situada a 72 km ao L de Roma, conta co mosteiro de Santa Scolastica, o único que queda dos que alí fundou Bieito de Nursia (s V); e a cova, o Sacro Speco, no flanco da montaña, onde viviu como ermitán. A reforma do abade Casaretto (1852) converteuno en centro beneditino. No Sacro Speco consérvanse frescos (ss XIII-XV), dos que destacan os da capela de San Gregorio, co retrato de san Francisco de Asís.