"Chur" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 47.

    1. Extensión en relación ao espacio.

    2. Dimensión xeométrica que se opón á lonxitude.

    3. Dimensión horizontal que se opón á altura.

    4. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura, nunha figura de tres dimensións.

    5. Dimensión que se opón á lonxitude e á altura tomando en conta a perpendicular de quen a observa.

    6. Medida dun obxecto en canto ao seu diámetro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Salsa ou adobo orixinario de Arxentina e Uruguay que se emprega para acompañar as carnes asadas na grella. Realízase con pemento picante moído (ají), allo picado, ourego, loureiro, tomiño, pementa negra, auga, sal e vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Canterbury, na illa do Sur, Nova Zelanda (313.969 h [1996]), situada na chaira de Canterbury, a carón da baía Pegasus, na parte setentrional do istmo que une a península de Banks co resto da illa. A súa actividade principal desenvólvese no sector terciario. A cidade foi fundada en 1850 por anglicanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Graubünden, Suíza, situada na beira esquerda do río Rin (30.219 h [1998]). A antiga Curia Rethorum constitúe un principado eclesiástico do Sacro Imperio. O bispado foi fundado no s V. Pouco tempo despois do 805, Carlomagno limitou o poder temporal dos bispos que, non obstante, conseguiron grandes posesións grazas á protección dos Otóns. Dende 1770 ata 1805 foi Principado do Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor estadounidense. Discípulo de Cole e continuador da Escola do Río Hudson, foi fundamentalmente paisaxista. Transformou a súa casa de Olana nun museo que amosa a súa obra. Da súa produción destaca O corazón de América e As cataratas do Niágara (1857)

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río do Canadá, que atravesa as provincias de Saskatchewan e Manitoba, un dos máis longos do país. O seu nacemento pódese situar no lago La Loche. O seu curso adopta unha dirección SO-NL, coa que atravesa os lagos Peter Pond, Ile-à-la-Crosse, La Ronge, Trade, Sisipuk, Southern Indian e Northern Indian, entre outros. Desemboca na badía de Hudson, a carón do porto de Churchill, logo dun percorrido de 1.609 km e de drenar unha conca de 282.000 km2.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Clérigo e escritor inglés. Suspendido dos cargos eclesiásticos, defendeuse nas sátiras The Apology (A apoloxía, 1761), The Ghost (A pantasma, 1762) e The Prophecy of Famine (A profecía da fame, 1763). Colaborou con John Wilkes na publicación de North Briton (Norte británico, 1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeneral inglés. Loitou en Holanda (1671-1673) ao servizo de Carlos II de Inglaterra, e apoiou a Guillerme de Orange na revolución inglesa de 1688. A raíz da crise de sucesión española, Guillerme, xa rei de Inglaterra, nomeouno plenipotenciario seu en Holanda, onde organizou as forzas inglesas, holandesas e austríacas contra Luís XIV e venceuno en Flandres. Por esta vitoria recibiu o título de duque de Marlborough en 1702. Foi capitán xeneral das forzas inglesas e obtivo importantes vitorias, como a de Blenheim (1704), Ramaillies (1706), Oudenaarde (1708) e Malplaquet (1709).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político británico. Elixido deputado conservador en 1874, representou a sección progresista do seu partido. Formou o grupo fourth party (cuarto partido), unha pequena asociación de independentes do partido conservador e do partido liberal. En 1886 presidiu a Cámara dos Comúns e ocupou o cargo de ministro de Facenda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor inglés. Fillo de Randolph H. S. Churchill. Ingresou no exército (1895) e foi correspondente de guerra para o xornal londinense Morning Post. Deputado conservador (1900), abandonou o seu partido para unirse aos liberais. Como subsecretario de estado para as colonias (1906) defendeu a Home rule irlandesa e a concesión da autonomía aos bóers. Foi ministro de Comercio (1908-1910) e do Interior (1910-1911) e primeiro lord do Almirantado (1911-1915). Posteriormente, exerceu como ministro de Municións (1917) e da Guerra (1919-1922). En 1924, en oposición ao que estaba a acontecer coa Revolución Rusa, volveu ao partido conservador. Nos anos trinta demandou con insistencia unha política de oposición ao expansionismo hitleriano. Ao desencadearse a Segunda Guerra Mundial foi nomeado primeiro ministro (1940). No exterior, malia as súas difíciles relacións con Stalin, cooperou coa URSS cando foi atacada por Hitler e apresurouse a establecer a Grande Alianza cos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Irixoa baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Irixoa que pertenceu ao mosteiro de San Vicente de Curtis. No muro exterior sur consérvase unha lápida prerrománica do s X cunha cruz de brazos iguais rectos, colocada sobre un soporte. Do seu brazo horizontal penden as letras gregas alfa e omega, e sobre elas, represéntanse uns obxectos que poderían ser uns candeeiros de tres brazos. Arredor da peza aparece unha inscrición que fai referencia a san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘borracheira’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. galiña.

    2. oz coa que se chama a galiña. Ex: Estaba berrando churras, churras! para meter as polas no galiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convite feito con churrasco, especialmente asado na grella. Ex: O domingo vou facer unha churrascada no monte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza do vacún ou do porco que se corta das últimas costelas e da paleta, para o seu consumo asada. Ex: Merquei tres quilos de churrasco para esta fin de semana.

    2. Asado feito na grella con esta carne. En Galicia é unha preparación de tipo popular e existen innumerables churrasquerías. Ten unha festa gastronómica específica, que se celebra en Covelo, Pontevedra, cada 25 de xullo desde 1980. Ex: Hai que felicitar o cociñeiro porque o churrasco está moi bo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Restaurante dotado dun asador especializado en asar na grella a carne do corte denominado churrasco.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai ou vende churros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Establecemento ou posto ambulante dedicado á preparación e venda de churros.

    VER O DETALLE DO TERMO