Churío, San Martiño de

Churío, San Martiño de

Igrexa parroquial situada en Irixoa que pertenceu ao mosteiro de San Vicente de Curtis. No muro exterior sur consérvase unha lápida prerrománica do s X cunha cruz de brazos iguais rectos, colocada sobre un soporte. Do seu brazo horizontal penden as letras gregas alfa e omega, e sobre elas, represéntanse uns obxectos que poderían ser uns candeeiros de tres brazos. Arredor da peza aparece unha inscrición que fai referencia a san Martiño.