"Ciro" (Contén)
Mostrando 17 resultados de 17.
-
PERSOEIRO
Novelista peruano. Autor de La serpiente de oro (1935), Los perros hambrientos (1939) e El mundo es ancho y ajeno (1941). A súa obra, que se sitúa na corrente indixenista, tenta reflectir os problemas sociais e políticos das clases populares do Perú.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do grego K ῦ ρος a través do latino Cyrus, adaptado do nome persa antigo Kuras ou Kuris, de significado ignoto. A dinastía aqueménida usou tradicionalmente este nome, na que destacou o Emperador Ciro II o Grande (559-529 a C), fundador do Imperio Persa. San Ciro (s III), bispo e mártir de Alexandría, celébrase o 31 de xaneiro.
-
PERSOEIRO
Rei de Persia, fillo de Darío II. Nomeado sátrapa de Lidia, da Gran Frixia e da Capadocia, preparou un exército de gregos mercenarios -os Dez Mil- para derrocar o seu irmán Artaxerxes II. Vencérono e morreu na Batalla de Cunaxa, feitos que se narran na Anábase.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Persia (559-529 a C). Fillo de Cambises I, foi o fundador do Imperio Persa-aqueménida. Sucedeu ao seu pai como gobernador de Ansham e, logo de reunir baixo o seu mando as principais tribos persas, sublevouse contra Astiaxes e conquistou o territorio dos medos (549 a C), coa súa capital Ecbatana. Posteriormente emprendeu unha campaña na que derrotou a Creso, rei de Lidia, despois de conquistar a capital, Sardes (546 a C). Incorporou ao seu imperio as colonias gregas da Xonia (Mileto, Samos, Éfeso) e someteu Babilonia no 539 a C. Logo da conquista de Babilonia aprobou o edicto de liberación de razas e cultos, que permitiu a diversos pobos, entre outros os xudeus, abandonar Babilonia e volver ás súas terras. Emprendeu numerosas campañas contra pobos situados nos límites do imperio e morreu durante unha campaña nas fronteiras do noroeste de Persia. Destacou pola súa tolerancia e sabedoría política.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e bispo de Alexandría. Co gallo de axudar os cristiáns, fuxiu durante a persecución de Diocleciano a Arabia, onde levou unha vida de anacoreta. Morreu martirizado na súa cidade natal. Na iconografía viste unha túnica propia dos anacoretas orientais e leva unha ampla tonsura monacal na cabeza; como atributo persoal sostén nas mans unha presa de herbas (símbolo do seu oficio de médico) ou un libro e a palma do martirio. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Froito comestible da ameixeira, globoso, con pel lisa, pruinosa, de cor vemella, púrpura, amarela ou verde. Consómese ao natural, seca ou en conserva.
-
-
Pantalón, xeralmente de liño, que cubría as pernas ata o nocello e se usaba nas faenas do campo durante as épocas de calor.
-
Peza de vestir que cobre desde a cintura ata o xeonllo, o nocello ou a perna enteira, usada antigamente como roupa interior.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ameixeira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porción de excremento humano, xeralmente arredondada, que se expulsa dunha vez.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obra do escritor grego Xenofonte (s IV a C), dividida en oito libros, que versa sobre a figura de Ciro o Grande. Preconizou ideas sobre as funcións do monarca e sobre a organización do estado e dos oficiais. Os feitos históricos trátanse moi libremente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Festas que se celebraban na antiga Atenas en honor da deusa Atenea no duodécimo mes do ano grego, que se estendía entre mediados de xuño e mediados de xullo.
-
PERSOEIRO
Pintor. Discípulo e colaborador de Pietro da Cortona, finalizou as obras que este comezara no palacio Pitti de Florencia (1659-1665). Das súas obras destacan os frescos da cúpula da igrexa de Santa Agnese en Roma.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Identificouse especialmente co estruturalismo europeo. Escribiu La linguistica strutturale (1969), Saggi di linguistica italiana (1978), Intorno a Saussure (1979), Mutamenti di prospectiva nella linguistica (1981) e Mother Tongues & Other Reflections on the Italian Language (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Sistema montañoso que se estende en dirección NL-SO polas parroquias de Barredo, Serés, Pena, A Meda e Montecubeiro (Castroverde) e Suegos (Pol). A súa maior altitude é O Monciro (861 m). Nos seus contrafortes nacen os ríos Azúmara e Lea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PRAIAS
Praia do litoral atlántico situada na parroquia do Grove, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do litoral atlántico situada na parroquia do Grove, no concello homónimo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo e bispo de Ciro. Amigo de Nestorio, foi voceiro do grupo de Antioquía contra os partidarios de Cirilo de Alexandría e representaba a corrente moderada. Deposto no latrocinio de Éfeso (449), foi reintegrado por León I e admitido polo Concilio de Calcedonia (451) entre os doutores ortodoxos. Unha parte dos seus escritos foron condenados polo Concilio de Constantinopla (553).
VER O DETALLE DO TERMO