Ciro, san

Ciro, san

Médico e bispo de Alexandría. Co gallo de axudar os cristiáns, fuxiu durante a persecución de Diocleciano a Arabia, onde levou unha vida de anacoreta. Morreu martirizado na súa cidade natal. Na iconografía viste unha túnica propia dos anacoretas orientais e leva unha ampla tonsura monacal na cabeza; como atributo persoal sostén nas mans unha presa de herbas (símbolo do seu oficio de médico) ou un libro e a palma do martirio. A súa festividade celébrase o 31 de xaneiro.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Alexandría