"Coburg" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PERSOEIRO

    Príncipe consorte da Gran Bretaña (1857), segundo fillo do duque Ernesto de Saxonia-Coburgo-Gotha. Estudiou en Bruxelas e en Bonn. Casado (1840) coa raíña Victoria, curmá súa, influíu nos asuntos políticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baviera, Alemaña, na marxe dereita do río Main (44.200 h [1990]). A economía baséase principalmente na industria, sobre todo maquinaria e porcelana. En 1248 pasou ao poder dos duques de Henneburg e, posteriormente, ao dos margraves de Meissen (1343) que dende 1826 se titularon duques de Saxonia-Coburg-Gotha. Durante os ss XV e XVI cobrou grande importancia grazas á súa situación na ruta comercial de Hamburgo a Augsburgo. Anexionouse a Baviera en 1920. Do seu patrimonio salienta o castelo dos duques, onde se conserva a súa biblioteca, e a igrexa de San Mauricio (s XV).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DUCADOS

    Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e ducados de Saxonia en 1563, para o duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha (?-1595). En 1714 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Coburg-Saafeld e, ao adquirir Gotha e pasar Saafeld ao ducado de Saxonia-Meiningen (1825), converteuse en 1826 en ducado de Saxonia-Coburg-Gotha que durou ata 1918, cando se proclamou a república. En 1920 incorporouse ao land de Turinxia, excepto Coburg, que o foi ao de Baviera.

    VER O DETALLE DO TERMO