Coburg
Coburg
Cidade do land de Baviera, Alemaña, na marxe dereita do río Main (44.200 h [1990]). A economía baséase principalmente na industria, sobre todo maquinaria e porcelana. En 1248 pasou ao poder dos duques de Henneburg e, posteriormente, ao dos margraves de Meissen (1343) que dende 1826 se titularon duques de Saxonia-Coburg-Gotha. Durante os ss XV e XVI cobrou grande importancia grazas á súa situación na ruta comercial de Hamburgo a Augsburgo. Anexionouse a Baviera en 1920. Do seu patrimonio salienta o castelo dos duques, onde se conserva a súa biblioteca, e a igrexa de San Mauricio (s XV).