Saxonia-Coburg, ducado de

Saxonia-Coburg, ducado de

Estado independente alemán creado dentro das posesións da liña ernestina dos electores e ducados de Saxonia en 1563, para o duque Xoán Federico II de Saxonia-Gotha (?-1595). En 1714 pasou a denominarse ducado de Saxonia-Coburg-Saafeld e, ao adquirir Gotha e pasar Saafeld ao ducado de Saxonia-Meiningen (1825), converteuse en 1826 en ducado de Saxonia-Coburg-Gotha que durou ata 1918, cando se proclamou a república. En 1920 incorporouse ao land de Turinxia, excepto Coburg, que o foi ao de Baviera.