"Combe" (Contén)

Mostrando 7 resultados de 7.

  • Filla do deus-río Asopo e muller do deus Soco ou Saoco. Entre os seus fillos cítanse os sete Coribantes de Eubea. Fuxindo do seu violento marido, marchou a Cnosos, Frixia e Atenas. Á morte de Soco volveu a Eubea e transformouse en pomba.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Depresión alongada formada na parte alta dun anticlinal e que segue a dirección do eixe de pregamento. As marxes abruptas que envolven a depresión reciben o nome de cristas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. É autor dunha serie que comezou a publicar en 1809 no Political Magazine titulada Tour of Dr Syntax..., crítica dos libros de viaxes tan prolíficos no romanticismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Membro do Partido Radical, foi ministro de Instrución Pública (1895-1896) e presidente do goberno (1902-1905). Mantivo unha política anticlerical coa que, a partir de 1904, lles prohibiu ás congregacións relixiosas o exercicio do ensino e coa que formulaba a separación Igrexa-Estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico. Estudiou en Cambridge, onde se doutorou (1948). Traballou no campo dos semicondutores en Inglaterra, EE UU e Canadá en diferentes empresas, e foi profesor de diversas universidades inglesas e americanas. Descubriu o efecto que leva o seu nome (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escómbridos, ao que pertencen as xardas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes, da familia dos escombresócidos, ao que pertence o chandarme ou alcrique.

    VER O DETALLE DO TERMO