"Conso" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria creada en 1988. Anteriormente se denominaba Casa de Banca Perfecto Castro Canosa. En 1996 pasou a denominarse AM Agrupació Mutua.
-
RIOS
Río afluente do Bibei. Nace na vertente sudoriental da serra de Queixa, a 1.050 m de altitude, na parroquia de Pradoalbar (concello de Vilariño de Conso), da confluencia do río da Cerveira e do rego de Valboa. O seu curso adopta unha dirección NO-SL, coa que penetra na parroquia de San Mamede de Hedrada, onde se estanca (encoro de Hedrada). Ao chegar á parroquia de Sabuguido vira cara ao N e con esta nova dirección S-N chega a Vilariño de Conso, onde recibe o seu principal tributario, o Conselo. Uns 450 m máis adiante da captura forma o brazo occidental do encoro do Vao, que constitúe a súa desembocadura, logo dun percorrido de máis de 27 km de lonxitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilariño de Conso baixo a advocación de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción nobre situada nas abas da serra de Queixa, en Santiago de Conso (Vilariño de Conso). Trátase dun edificio de planta rectangular cunha serie de construcións anexas e cun patio exterior rodeado por un muro. O conxunto completábase cunha pequena capela que desapareceu. No portal de acceso consérvase un escudo coas armas dos Ribadeneira, Losada e Enríquez.
-
-
Que posúe ou produce consonancia.
-
-
Fonema oposto á vogal polo seu comportamento combinatorio, pola súa realización e polas súas características acústicas. Desde a tradición india e grecolatina, considerouse como un elemento articulatorio dependente da vocal. A comezos do s XX, a fonética experimental puxo en dúbida esta oposición. A fonoloxía aduce que a consoante forma a parte marxinal na estrutura silábica, mentres que a vogal constitúe a parte nuclear (
-
Cada unha das letras coas que se representan os fonemas consonánticos.
-
-
Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.
-
De acordo con aquilo que se expresa.
-
-
-
Soar conxuntamente e en harmonía varios sons.
-
Estar algunha cousa en conformidade con outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Comunidade, animal ou vexetal, dominada por unha soa especie.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que é socia ou que pertence á mesma sociedade ou asociación ca outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pai ou nai dun dos cónxuxes con relación ao pai ou nai do outro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sistema de marcaxes radiogoniométricas que permite obter, cunha enorme precisión, a situación dunha nave mediante a captación de ondas emitidas de xeito continuado por estacións especiais chamadas estacións Consol. Este sistema non se pode empregar a menos de 50 millas das costas.
-
-
Moble de adorno, moi frecuente nas salas dos ss XVIII e XIX, en forma de mesa alongada, xeralmente sen caixóns e sostida por columnas ou pés, que se coloca arrimada á parede e serve de soporte a obxectos decorativos.
-
-
Parte superior da arpa, con forma de colo de cisne, onde están as caravillas.
-
Mesa de mandos do órgano que comprende os teclados manuais, os rexistros e os pedais.
-
-
Elemento arquitectónico construído en saínte, como as ménsulas ou as repisas.
-
Panel no que están dispostos os mandos de control dunha instalación industrial, como unha central nuclear, ou dun aparato, como un ordenador.
-
Periférico co que se comunica o operador directamente co sistema, particularmente, co sistema operativo. Consta dun teclado, dunha pantalla (non gráfica) e, opcionalmente, dunha impresora de caracteres.
-
Aparato dotado dun mando de control que permite reproducir os videoxogos na pantalla dun monitor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser consolado.
-
-
Acción e efecto de consolar ou consolarse.
-
Proba disputada entre deportistas ou equipos que non conseguiron clasificarse nos primeiros postos dunha competición. Adoita celebrarse en natación ou naquelas disciplinas nas que as condicións habituais dos recintos (remo, piragüismo, etc) ou do sistema de competición (baloncesto, balonmán, boxeo, fútbol, tenis, judo e, en xeral, todos os deportes de oposición) non permiten a participación simultánea do número de competidores que poden ser distinguidos coas medallas (3) e cos diplomas (nos xogos olímpicos 8) outorgados.
-
Pequena compensación que se lles adxudica a aqueles que non obtiveron ningún dos primeiros premios nos xogos de azar ou nalgún deporte.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que ten a súa orixe no nome dunha advocación hispana da Virxe, derivado do latín consolatiōne ‘consolo’. Presenta a variante Consolo e os hipocorísticos Chelo, Chela, Cheliño e Cheli. A súa festividade celébrase o 31 de agosto.
-
-
Que ou quen consola.
-
Aparello en forma de falo, feito de materiais variados, empregado como substituto do pene no coito ou na masturbación.
-
-
-
Aliviar a pena ou a dor que padece alguén.
-
Constituír unha cousa algo agradable.
-
Sentirse alguén aliviado na súa pena ou aflición.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba perenne de ata 120 cm de altura, con follas opostas, ovadas ou lanceoladas, revestidas de pelos, e flores rosas ou brancas, de corola tubulosa e dispostas en cimas, moi abundante en céspedes húmidos de Europa e Asia. Moi aromática, as súas follas pódense consumir en ensalada e, secas e en po, serven para preparar infusións; a raíz seca pode utilizarse tamén para aromatizar viños.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode consolidar.
-
-
Acción e efecto de consolidar ou consolidarse.
-
Proceso de curación dunha fractura ósea con tendencia a devolverlles as propiedades primitivas aos ósos. Ten lugar normalmente mediante a formación do calo, agás nos ósos de orixe conxuntiva, nos que se substitúe por unha proliferación fibrosa de lenta osificación.
-
Forma de extinción dos dereitos reais, especialmente da servidume, que consiste en reunir e asignarlle a un titular as facultades de dominio que antes estaban disgregadas.
-
-
Proceso económico que segue a unha época de crise, caracterizado polo crecemento rítmico da produción e do consumo, e polo equilibrio na balanza de pagamentos.
-
consolidación de contas
Operación contable consistente en integrar as contas das diversas sociedades que forman parte dun grupo de empresas, para representar a situación económica e financeira conxunta. Rexida en España pola lexislación mercantil (1989) e polo plan xeral de contabilidade (1990), a Comunidade Europea non harmonizou este procedemento.
-
consolidación da débeda pública
Conversión da débeda pública flotante, representada polos bonos do tesouro, en débedas (títulos de débeda) a longo prazo.
-
-
Proceso de conversión dun material solto ou brando noutro duro e compacto, como, por exemplo, o que converte a area en gres.
-
Asentamento gradual dun solo provocado por forzas gravitatorias, ben polo seu propio peso ou ben polas estruturas que soporta.
-
Asentamento natural dun terreo debido á acción do seu propio peso e ás construcións existentes nel, feito que provoca a progresiva diminución de volume pola expulsión da auga contida no terreo. O grao de consolidación avalíase en ensaios de laboratorio por medio dos edómetros.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que consolida.