"Consulado da Coruña" (Contén)
Mostrando 3 resultados de 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira biblioteca de carácter público creada na cidade da Coruña. Foi fundada en agosto de 1806 por un cóengo compostelán, Pedro Antonio Sánchez Vaamonde, ilustrado e importante economista da súa época, así como un dos fundadores da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela; realizou o discurso de apertura José Lucas Labrada. Este cóengo destinou para a creación da biblioteca unha importante cantidade de cartos, amais da súa biblioteca particular. Esta biblioteca ten un fondo xeral composto por volumes, revistas antigas e folletos, e posúe obras dos ss XVI a XIX, moitas delas de temática económica. Outros fondos chegaron grazas a doazóns, como a biblioteca de Xosé Cornide, ou a legados, como os libros e mobles da condesa de Mina, Juana de Vega, unha das principais organizadoras dos Xogos Florais de Galicia. Así mesmo, cómpre salientar a importante colección de gravados gardados no seu interior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Real Consulado da Coruña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución que se estableceu na Coruña por Real Orde en 1785. Tivo como precedente a Academia de Agricultura de 1765 e xurdiu a consecuencia da apertura do comercio coas Indias en 1778 e do acceso a el do porto da Coruña. A súa xurisdición estendeuse a toda Galicia e tivo como obxectivo o fomento das fontes de riqueza da zona, así como a extensión da navegación ás Indias, orientada a persoas con significativos medios económicos, como comerciantes, mercadores, fabricantes e navieiros. Prestou atención á agricultura práctica e ao comercio, así como á naútica e ao debuxo, das que creou as escolas técnicas especializadas, que continuaron funcionando tras a extinción da institución. O brigadier Winthuyssen redactou en 1789 o regulamento dos estudos náuticos, entre os que se incluíron os do Consulado. O plano de estudos inicial abranguía as materias de aritmética inferior, cosmografía, astronomía, xeografía, arte de navegar, trigonometría plana e esférica e levantamento de planos. En 1806 incorporáronse...