"Corneille" (Contén)

Mostrando 5 resultados de 5.

  • PERSOEIRO

    Pintor belga. Estudou na escola de Belas Artes de Amsterdam. Foi un dos fundadores da revista Reflex e do grupo COBRA. A súa obra dirixiuse cara a unha abstracción na que empregou as cores brillantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de pintores e gravadores franceses do s XVII. Michel Corneille (Orléans 1601? - París 1664), chamado o Padre e Corneille de Orléans, foi discípulo de Vouet e un dos fundadores da Académie Royale de Peinture et Sculpture (1648), da que tamén foi rector. O seu fillo Michel Corneille (París 1642 - 1708), coñecido como Corneille dos Gobelinos, foi discípulo do seu pai e de Lebrun. Traballou na decoración dos palacios de Versailles e Trianon e foi membro e profesor da Académie. O seu irmán Jean Baptiste Corneille (París 1649 - 1695), coñecido como Corneille o Novo, cultivou a pintura decorativa e foi tamén membro e profesor da Académie.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Corneille da Haia (A Haia 1500? - Lyon 1575?) Pintor holandés. Instalouse en Lyon, e foi pintor da corte de Enrique II e Catarina de Medici. Nas súas obras, as personaxes aparecen retratadas en tres cuartos. Os fondos, claros, e os vestidos, escuros, destacan sobre fondos verdes e azuis. O seu estilo ten puntos de conexión con Clouet pola precisión dos debuxos, a fina execución e a delicadeza das cores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Autor dramático francés. Formouse no colexio dos xesuítas de Rouen, onde naceu a súa vocación de dramaturgo, dada a importancia que a Compañía de Xesús daba daquela ás representacións teatrais como sustento da fe e transmisión do dogma. Estudiou dereito e desempeñou diversos cargos oficiais relacionados coa avogacía, ao tempo que desenvolvía a súa carreira literaria; chegou a ser contratado polo cardeal Richelieu como dramaturgo oficial da corte, posto que tivo que abandonar trala estrea de Le Cid (O Cid), pois o texto non aceptaba o canon clásico imposto polos dramaturgos da corte. En 1647 ingresou na Academia e en 1662 instalouse definitivamente en París, onde mantivo unha longa competencia con Racine, outro dos grandes dramaturgos franceses da época. Foi un autor moi prolífico no cultivo de diversos xéneros, aínda que foi na traxedia e na comedia onde acadou os seus maiores éxitos, entre os que destacan as pezas La Veuve (1631-1632), La Galerie du Palais (1632),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés, irmán de Pierre. Avogado en Normandie, destacou como autor de comedias, entre elas, Don Bertrand de Cigarral (1650), Le geolier de soi-même (1667), Le festin de Pierre (1667); e traxedias, Timocrate (1656), La mort d’Hannibal (1669), Ariane (1672) e Le comte d’Essex (1678). Tamén escribiu un libreto de ópera titulado Circé (1675) e dicionarios. Entrou na Académie Française en 1685.

    VER O DETALLE DO TERMO