Zaida
Zaida
[ONOM]
Antropónimo feminino árabe derivado do verbo zaada ‘crecer, medrar’; ‘a que creceu’, ou ben feminino de Zaíd, antropónimo masculino. O nome entrou no Reino de Castela cando o Rei Afonso VI casou en 1097 cunha princesa moura que se chamaba así.