"Cornelia" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • Grupo de familias ou gens de orixe patricia da antiga Roma, vinculadas por un antepasado común do que toman o nome. Existían diversas ramas, entre as máis coñecidas están as dos Dolabelas, as dos Cetegos e as dos Escipións. Entre as ramas plebeas incluíanse os Cornelios Balbos e os Cornelios Cinna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Patricia romana, filla menor de Publio Cornelio Escipión o Africano e nai dos Gracos. Casou con Tiberio Sempronio Graco e adoptou as ideas democráticas do seu marido. Coñecía a literatura grega. Ao quedar viúva rexeitou a man de Ptolomeo Fiscon, rei de Exipto. Educou os seus fillos Tiberio e Caio Graco e a súa filla Sempronia para convertelos en xefes da plebe. Despois do asasinato dos seus fillos varóns pola súa actividade política (121 a C), retirouse a Misenum e cultivou as letras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome procedente do latín Cornelius, derivado de cornu ‘corno’, símbolo da abundancia na Antigüidade e do poder máxico de afastar os males. Deu nome á familia romana Cornelia. A esta gens pertencían os Escipións, familia de políticos e militares romanos da época da República. Os membros máis famosos foron Publio Cornelio Escipión o Africano (235-183 a C), conquistador da Hispania meridional e vencedor de Aníbal en Zama (202 a C), e Publio Cornelio Escipión Emiliano (185-129 a C). Dous santos levan este nome: o papa (251-253) e mártir, e o centurión que chegou a ser o primeiro bispo de Cesarea. Coa forma feminina, a filla menor de Publio Cornelio Escipión o Africano e nai dos Gracos (? 189? - 110? a C), a filla de Publio Cornelio Escipión (s I a C) e a esposa de Xulio César (83 a C), entre outras. Houbo unha santa Cornelia (s III), mártir en África xunto con san Fiz.

    VER O DETALLE DO TERMO