Cornelia

Cornelia

Grupo de familias ou gens de orixe patricia da antiga Roma, vinculadas por un antepasado común do que toman o nome. Existían diversas ramas, entre as máis coñecidas están as dos Dolabelas, as dos Cetegos e as dos Escipións. Entre as ramas plebeas incluíanse os Cornelios Balbos e os Cornelios Cinna.