"Cristovo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 37.

  • IGREXAS

    Igrexa medieval de tradición románica, situada na parroquia homónima do concello de Boiro, construída nos primeiros anos do século XIII. Mestúranse nela elementos románicos cos propios do estilo gótico. É interesante a colección de canzorros dos beirís da nave e da ábsida, algúns deles figurados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Agolada. Do primitivo templo románico, construído a finais do s XII e reconstruído en 1705, só resta unha porta situada na fachada principal e parte dos muros da nave. No interior, a nave presenta dous pares de columnas entregas con capiteis de follas, unha das bases está decorada con arquiños de ferradura e de medio punto. A portada conta cunha dobre arquivolta, decorada con bólas, que se sostén sobre catro columnas con capiteis vexetais con mazás. O tímpano decórase co relevo dunha cruz grega rodeada por un semicírculo de arquiños de ferradura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno mosteiro que estivo situado en Portas e que se converteu en priorado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Lalín. De estilo románico, construíuse arredor de 1170. Unha cuarta parte desta igrexa foi doada por Arias Núñez ao mosteiro de Carboeiro. Conta cunha nave e cunha ábsida formada por dous tramos, un recto e outro semicircular. O primeiro, cuberto con bóveda de canón, únese coa nave mediante un cóbado amodo de contraforte. O tramo semicircular, con bóveda de forno, está compartimentado en tres panos mediante dúas columnas entregadas. A nave ten cuberta de madeira de época posterior á súa construción. O arco triunfal é de medio punto peraltado e dobrado. No muro meridional hai un arco tapiado, sinal dunha primitiva porta. A porta occidental é de medio punto. A portada principal ten un tímpano pentagonal. No exterior o arranque da bóveda de canón amósase por medio dunha imposta de billetes. A espadana é barroca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante. Téñense apuntado diversas hipóteses sobre a súa orixe: unha delas asegura que era natural da parroquia de San Salvador de Poio, na beira setentrional da ría de Pontevedra; outras teorías, que gozan de maior predicamento internacional, localizan o seu lugar de nacemento na conca mediterránea: Xénova reivindica o seu carácter de patria colombina do mesmo xeito que outras cidades de Italia. Se a prol da opción galega se esgrimen argumentos baseados fundamentalmente na toponimia, onomástica e léxico empregados por Colón, para a opción xenovesa esgrímese a declaración do propio interesado no seu testamento. Na súa mocidade navegou como piloto polo Mar Mediterráneo e o Océano Atlántico. Chegou, despois de naufragar, ás costas de Portugal, onde se estableceu. Posteriormente navegou cara ao N ata Islandia, e cara ao S, cos portugueses, ata São Jorge da Mina, en Guinea e a La Gomera. A raíz destas experiencias Colón formou as súas ideas cosmográficas. Cara a 1484 presentoulle ao Rei Xoán...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Mazaricos. Construída en estilo románico no s XIII, modificouse en séculos posteriores. Trátase dun templo cunha soa nave con cuberta de madeira e cun coro alto que se substituíu por un de formigón no s XX. A ábsida cóbrese con bóveda de canón. O arco triunfal é de medio punto. Tanto no interior como no exterior o edificio caracterízase pola ausencia de vans. A espadana ten dous arcos de medio punto e un coroamento calado; o máis destacable é que está illada da igrexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Gondomar. Segundo os epígrafes conservados nos muros da ábsida, edificouse entre 1731 e 1735. De acordo con outra inscrición da fachada sur, reconstruíuna en 1906 o abade Xosé Gómez. Trátase dun templo de planta rectangular dunha nave, con cuberta de madeira, e cunha ábsida cuberta con bóveda de canón, apoiada nun arco de cruceiro sobre pilastras. A fachada norte ten dous corpos pegados, a sancristía e a sala de usos múltiples, e un pórtico aberto cun tellado que descansa sobre unha columna de sección octogonal. Na fachada principal destaca a torre de base cadrada, cuberta por unha pirámide regular, con cornixa de sección trapezoidal e rematada por pináculos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome propio cristián-romano que provén do grego Cριστο ϕ ορος ‘portador de Cristo, o que leva a Cristo’, composto de Cριστός ‘o unxido, o Mesías, Cristo’ e ϕ όρος, voz derivada do verbo ϕ ορέω ‘levar, portar’. Amais de nome persoal, tamén é un apelido patronímico; documéntase xa no s XII baixo a forma de xenitivo patronímico: “Menendus Cristofori” (doc ano 1166 en P. Loscertales de García de Valdeavellano, Tumbos del monasterio de Sobrado de los Monjes, vol I, 1976, p 538). Na época medieval recibía tamén sufixo patronímico, aínda que esta construción non chegou a sobrevivir: “Gundisaluus Christoualiz” (doc ano 985 en M. Lucas Álvarez, El tumbo de San Julián de Samos (siglos VIII-XII), 1986, p 424). Adoita aparecer grafado cun -b- non etimolóxico: Cristobo. San Cristovo (s II) celébrase o 10 e o 25 de xullo. A reforma...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Cristóforo (? - 906) Antipapa. Encarcerou a León V e consagrouse como papa no 904. Posteriormente, foi derrocado por Serxio III e recluído nun convento ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1252-1259). Gobernador das illas Falsten e Lealand, foi nomeado rei trala morte dos seus irmáns Abel e Erik. O seu reinado caracterizouse polo enfrontamento cos bispos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1320-1326 e 1330-1332) e duque de Estonia (1303). Sucedeu ao seu irmán Erik IV, logo de destronalo e pactar cos bispos e cos nobres o mantemento das súas liberdades. Ao non respectar os acordos, os nobres destronárono en 1326 e instauraron no trono a Valdemar III. No 1330 recuperou a coroa, aínda que a nobreza volveu derrocalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Dinamarca (1440-1448), de Suecia (1441-1448) e de Noruega (1442-1448). Sucesor en Dinarmarca de Erik de Pomerania, fomentou o comercio interior e exterior e loitou contra a Liga Hanseática. Promoveu un goberno autóctono en cada reino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Siria?, s II) Mártir cristián lendario. Segundo unha lenda do s XI, foi un príncipe cananeo que nun principio estivo ao servizo do demo. Logo, ocupouse de pasar viaxeiros sobre os seus fortes ombreiros por un torrente. Disque un día se lle apareceu Cristo baixo a forma dun neno e recoñeceuno polo seu peso; foi daquela cando comezou a súa predicación co nome co que se coñece Christophorus ‘portador de Cristo’. Sufriu martirio en tempos do Emperador Decio (249-251). A reforma litúrxica do Concilio Vaticano II eliminouno do calendario romano, aínda que é dos santos máis antigos no culto hispánico (s VII) e en Oriente xa está documentado no s V. Na Idade Media, o seu culto era moi popular en Occidente. A súa advocación principal é a de protexer contra a “mala morte”, sen recibir os sacramentos da unción dos enfermos; aínda que por ter prestado servicios a viaxeiros e camiñantes a tradición converteuno en patrón dos automobilistas, aviadores, alpinistas, atletas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista, sindicalista e escritor. Emigrou a Uruguay onde traballou como chofer e taxista, e foi un dos fundadores da Confederación Americana de Chóferes. Entre 1929 e 1959 dedicouse ao xornalismo, dirixiu El Auto Uruguayo, revista do centro de protección de choferes, e o seu propio programa radiofónico. Membro fundador do Centro Ourensán de Montevideo, chegou á súa presidencia. Colaborou en xornais como Tierra y Libertad ou Solidaridad, e foi o autor de El gran parto: trece niños de lana se escarban la nariz (1948), Cerco violado (1958) e Ciempiés (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro que puido estar situado en San Cristovo de Arzón (Negreira). Noméase nun documento de 1138 polo que Afonso VII lle cedía ao prior Paio Pérez o privilexio de couto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Begonte. Construída durante os ss XVIII e XIX, ten planta rectangular cunha soa nave, con cuberta a dúas augas, e capela maior con cuberta a catro augas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Boimorto. Pertenceu a un antigo mosteiro de monxas beneditinas fundado cara ao 1152 por Lupa Pérez de Traba, filla do conde Pedro Froilaz. Construída no primeiro cuarto do s XIII, ten unha soa nave e unha ábsida de planta rectangular que aumentou en altura e acadou a mesma ca a nave. A ábsida cóbrese cunha bóveda de canón apuntada, reforzada por un arco faixón de igual directriz. O arco triunfal é apuntado e dobrado, a rosca menor descansa nun par de semicolumnas pegadas de fustes curtos sobre bases áticas e con capiteis vexetais formados por pequenas follas sen nervaturas con pomas ou volutas nas puntas. O arco faixón presenta unha organización e decoración similar. A fiestra que debeu existir no testeiro da ábsida desapareceu e no seu lugar situouse outra arquitrabada que non se ve dende o interior. Ao norte construíuse unha sancristía, que permitiu que no seu interior se conserven os canzorros cóncavos que se perderon no beiril meridional. Ao norte da nave...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político. Foi nomeado secretario da Xunta de Vigo e alcalde da cidade (1812). Trasladouse a Madrid e a Santiago de Compostela, cidades onde o detiveron, acusado de participar en conspiracións liberais. En 1820 foi nomeado xuíz de Sar (distrito de Santiago). En 1823 fuxiu a Inglaterra e, dez anos despois, foi restaurado no corpo xudicial e exerceu como maxistrado da Audiencia de Cáceres e na Audiencia Territorial de Madrid. Como político liberal representou a Pontevedra como deputado (1836-1837) e como senador (1841-1842).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. De orixe románica, foi construída na segunda metade do s XII. Ten planta de nave única e ábsida rectangular. O arco triunfal é de medio punto con decoración axadrezada. O corpo da sancristía, de planta rectangular, é un engadido posterior. Nos muros da capela maior consérvanse pinturas murais do s XVI. A porta principal está formada por unha dobre arquivolta, a exterior decorada con billetes e apoiada en columnas acobadeladas e a interior de aresta viva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en San Cristovo de Lóuzara (Samos). Ramiro I e Ordoño I concedéronlle diversos privilexios.

    VER O DETALLE DO TERMO