"Cuéllar" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
PERSOEIRO
Músico e compositor. Estudiou violoncelo e guitarra clásica; con nove anos destacaba como contralto na Masa Coral de Madrid. No 1939, dirixiu o coro Anaquiños da Terra. Foi membro da Orquesta Ibérica de Madrid e formou parte do quinteto Nebot e da Orquesta Clásica de Sevilla. Dende o ano 1947, logo do seu ingreso na Orquesta Sinfónica de Caracas, intensificou a súa relación coa música galega, que materializou coa fundación e dirección do Coro Castelao do Centro Galego, para quen fixo a montaxe da zarzuela Maruxa de Vives, de ambiente galego, e estreada no Teatro Municipal de Caracas. En 1953, estreou Canto a Castelao, sobre texto de Eduardo Blanco Amor, obra que seguiu a interpretarse cada ano no mes de xaneiro. No ano 1964 fundou e dirixiu a agrupación folclórica galega Airiños da Terra, coa que acadou grandes éxitos en Venezuela. En abril de 1979 fundou e dirixiu a coral Aires Galegos, da Irmandade Galega. En 1980 estreou a súa composición “Adiós ríos”.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, drenado polo río Cega (9.118 h [1996]. A principal actividade económica é a agricultura, principalmente os cultivos de cereais, remolacha e patacas. Tamén é importante a cría de gando lanar. As industrias máis destacadas son as do moble a as alimentarias. A propia vila é un exemplo de arquitectura mudéxar derivada de Sahagún. Da época medieval hai que citar os edificios relixiosos de San Miguel (s XIII), San Andrés, Santa María de la Cuesta (s XIII), San Martín, Santiago, El Salvador (s XIII), San Pedro, San Basilio, Santa Clara, La Concepción e San Esteban; este último contén mostras de escultura funeraria mudéxar do s XVI. Da época medieval son tamén os restos da muralla, do palacio de Pedro I o Cruel, do palacio de Santa Cruz e da casa do duque de Alburquerque. Destacan tamén os edificios civís do hospital da Magdalena (s XVI) e a casa do estudo de gramática (s XV).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e organista. Mestre de capela de varias catedrais (Zaragoza, Oviedo e Roda), gañou por oposición a praza de organista en Santiago, cidade na que tamén ensinou canto e órgano e foi vicemestre de capela. Como compositor, deixou misas, salmos, magnificat e cinco responsorios de Nadal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Diplomático. Foi subsecretario da ONU para asuntos políticos (1978-1981) e secretario xeral das Nacións Unidas (1982-1991). Posteriormente, fundou o partido de centro Unión polo Perú, que se converteu na segunda forza do país (1995). Foi nomeado primeiro ministro de Perú (2000-2001) para garantir as eleccións lexislativas. Escribiu Manual de Derecho diplomático (1964). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional (1987).
VER O DETALLE DO TERMO