Cuéllar
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, drenado polo río Cega (9.118 h [1996]. A principal actividade económica é a agricultura, principalmente os cultivos de cereais, remolacha e patacas. Tamén é importante a cría de gando lanar. As industrias máis destacadas son as do moble a as alimentarias. A propia vila é un exemplo de arquitectura mudéxar derivada de Sahagún. Da época medieval hai que citar os edificios relixiosos de San Miguel (s XIII), San Andrés, Santa María de la Cuesta (s XIII), San Martín, Santiago, El Salvador (s XIII), San Pedro, San Basilio, Santa Clara, La Concepción e San Esteban; este último contén mostras de escultura funeraria mudéxar do s XVI. Da época medieval son tamén os restos da muralla, do palacio de Pedro I o Cruel, do palacio de Santa Cruz e da casa do duque de Alburquerque. Destacan tamén os edificios civís do hospital da Magdalena (s XVI) e a casa do estudo de gramática (s XV).