Antolín Cuéllar, Pedro

Antolín Cuéllar, Pedro

Músico e compositor. Estudiou violoncelo e guitarra clásica; con nove anos destacaba como contralto na Masa Coral de Madrid. No 1939, dirixiu o coro Anaquiños da Terra. Foi membro da Orquesta Ibérica de Madrid e formou parte do quinteto Nebot e da Orquesta Clásica de Sevilla. Dende o ano 1947, logo do seu ingreso na Orquesta Sinfónica de Caracas, intensificou a súa relación coa música galega, que materializou coa fundación e dirección do Coro Castelao do Centro Galego, para quen fixo a montaxe da zarzuela Maruxa de Vives, de ambiente galego, e estreada no Teatro Municipal de Caracas. En 1953, estreou Canto a Castelao, sobre texto de Eduardo Blanco Amor, obra que seguiu a interpretarse cada ano no mes de xaneiro. No ano 1964 fundou e dirixiu a agrupación folclórica galega Airiños da Terra, coa que acadou grandes éxitos en Venezuela. En abril de 1979 fundou e dirixiu a coral Aires Galegos, da Irmandade Galega. En 1980 estreou a súa composición “Adiós ríos”.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Madrid