"Düren" (Contén)
Mostrando 2 resultados de 2.
-
CIDADES
Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do río Roer (84.200 h [1990]). É un destacado centro de investigación nuclear. As industrias téxtiles, as do aceiro e as pequenas minas de lignito son a base da súa economía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Honduras.
-
Natural ou habitante de Honduras.
-
Arte desenvolvida en Honduras. Do período precolombiano consérvanse obxectos de cerámica policromada de influencia maia e as ruínas da cidade de Copán. Da época colonial son as catedrais de Tegucigalpa e Comayagua (s XVIII). Do s XIX son a maioría dos edificos administrativos de Tegucigalpa. No eido da pintura destacaron Pablo Zelaya Sierra e Arturo López Rodezno; na escultura, Obed Valladares; e na cerámica, José Arturo Machado.
-
Literatura en lingua castelá desenvolvida en Honduras. As primeiras obras da literatura independizada son as do civilizador J. Cecilio de Valle (1780-1834). Na poesía do s XIX triunfou o romanticismo (J. A. Domínguez e F. Turcios). O vangardismo influíu sobre os poetas do s XX (J. Cárcamo, M. A. Ponce e A. Valladares). A narrativa decantouse polo realismo e a crítica social (A. Díaz Lozano, C. Izaguirre, M. Carías e V. Cáceres). Sobre a década de 1930, destacaron os poetas R. Sosa, P. del Valle, N. Mierren e R. Elvir, e os narradores M. Carías e E. Bahor (1940). Na década de 1970, na narrativa cómpre destacar a J. Escoto, V. Cáceres Lara, Ó. A. Flores, M. Carías Reyes e R. Castillo; e en poesía, C. Manuel Arita, D. Moya Posas, O. Acosta, Claudio Barrera (pseudónimo de Vicente Alemán) e Pompeyo del Valle, xornalista vinculado ás publicacións de oposición; e, entre os poetas recentes, a R. Sosa e Rigoberto Paredes. Entre finais de s XX e principios do XXI, na coñecida xeración de 1984 ou...
-