Düren

Düren

Cidade do land de Renania do Norte-Westfalia, Alemaña, situada á beira do río Roer (84.200 h [1990]). É un destacado centro de investigación nuclear. As industrias téxtiles, as do aceiro e as pequenas minas de lignito son a base da súa economía.