"Dafne" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • CIDADES

    Cidade do antigo Exipto, coñecida hoxe como Tell el-Defenneb, no leste do delta, preto da moderna poboación de Al-Qantarah. O Faraón Psammético I instalou nesta poboación unha colonia de mercenarios gregos ao redor do ano 650 a C para defender o delta contra os asirios. O Faraón Amosis suprimiu este campamento ao redor do 565 a C.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ninfa de Tesalia, filla da Terra e do río Ladón, segundo unhas lendas, ou do río tesalio Peneo, segundo outras. Fuxindo do amor de Apolo, que a perseguía incesantemente, pediulle axuda ao seu pai, e este converteuna en loureiro (significado do seu nome), planta favorita do deus. A historia de Dafne inspirou diversas óperas, entre outras, as de Jacopo Peri, Caccini, Heinrich Schültz, Enmanuele Rincon de Astorga e Richard Strauss. Esta figura mitolóxica foi tamén tema central de obras de pintores e escultores como Giorgine, no Seminario Patriarcal de Venecia; Tiepolo, no Musée du Louvre, en París; e Berini, na Vila Borghese, en Roma.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Novela bucólica en catro libros da autoría de Longo de Lesbos (s III a C), titulada orixinalmente As pastorais de Dafne e Cloe. Conta a historia de dous nenos recollidos por unha familia de campesiños pobres que se crían xuntos. Dafne namórase de Cloe cando a contempla no baño; deseguido xorde un rival, o pastor Dorcon, que rivaliza con Dafne. O conflito resólvese cando Cloe elixe a Dafne. Despois de varias aventuras, conclúe a obra co casamento dos protagonistas. Esta fábula orixinou unha ópera-ballet de Joseph Bodin de Boismortier (1747), unha opereta paródica de Offenbach (1860) e unha sinfonía coreográfica de Maurice Ravel (1912).

    VER O DETALLE DO TERMO