Dafne e Cloe

Dafne e Cloe
[LIT]

Novela bucólica en catro libros da autoría de Longo de Lesbos (s III a C), titulada orixinalmente As pastorais de Dafne e Cloe. Conta a historia de dous nenos recollidos por unha familia de campesiños pobres que se crían xuntos. Dafne namórase de Cloe cando a contempla no baño; deseguido xorde un rival, o pastor Dorcon, que rivaliza con Dafne. O conflito resólvese cando Cloe elixe a Dafne. Despois de varias aventuras, conclúe a obra co casamento dos protagonistas. Esta fábula orixinou unha ópera-ballet de Joseph Bodin de Boismortier (1747), unha opereta paródica de Offenbach (1860) e unha sinfonía coreográfica de Maurice Ravel (1912).

Palabras veciñas

dafne | Dafne | Dafne | Dafne e Cloe | Dafni | dáfnido -da | dafnina