Dafne
Dafne
[MIT]
Ninfa de Tesalia, filla da Terra e do río Ladón, segundo unhas lendas, ou do río tesalio Peneo, segundo outras. Fuxindo do amor de Apolo, que a perseguía incesantemente, pediulle axuda ao seu pai, e este converteuna en loureiro (significado do seu nome), planta favorita do deus. A historia de Dafne inspirou diversas óperas, entre outras, as de Jacopo Peri, Caccini, Heinrich Schültz, Enmanuele Rincon de Astorga e Richard Strauss. Esta figura mitolóxica foi tamén tema central de obras de pintores e escultores como Giorgine, no Seminario Patriarcal de Venecia; Tiepolo, no Musée du Louvre, en París; e Berini, na Vila Borghese, en Roma.