"Daguestán" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • REPUBLICAS

    República da Federación Rusa situada ao NL do Cáucaso, na fronteira co Mar Caspio ao L, o territorio de Chechenia ao O, a República dos Calmucos ao N e Acerbaixán e Xeorxia ao S (50.300 km2; 2.074.000 h [1999]). Esténdese entre os 43° e 45° de latitude N e os 47° e 50° de lonxitude L. A capital é Makhačkala.
    Xeografía
    Xeografía física
    O seu relevo está formado por profundos vales ao N, nos contrafortes da cordilleira do Cáucaso, mentres que ao L, de N a S, se estende unha ampla chaira que bordea o Mar Caspio. Estas características fan de Daguestán unha rexión de moi difícil acceso, con dificultades de comunicación entre as diferentes cidades e aldeas. A rede hidrográfica é ampla, con numerosos ríos, entre os que destacan o Karakoysu, o Samur, o Terek e o Viura, que, cunha dirección xeral O-L, desembocan no Mar Caspio. Tamén son importantes os lagos, como o Sevan, o Van e o Urmia. O clima é continental con invernos rigorosos que se prolongan entre...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Daguestán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Daguestán.

    3. Grupo de linguas faladas en Daguestán. Pertencen ao grupo superior nororiental das linguas nakho-daguestanas (o kumyk e o azeri, aínda que se consideradan daguestanas por razóns de localización xeográfica, pertencen á familia das linguas turcas). Divídense en catro grupos: o avaro (que inclúe o avaro, o andi e o dido), o darguano, o lak e o lézguico (co lézguico, o tabasarano e o agul). Algunhas das súas características fundamentais son: sistema fonético complicado, cun elevado índice de consonantismo gutural, división dos nomes en clases, amplo índice flexivo e caso ergativo. Ata finais de 1928 utilizaron a escritura arábiga, que se substituíu pola latina e, en 1938, pola cirílica.

    4. Literatura multilingüe cultivada polos pobos que forman o Daguestán que, malia estar integrada por diversas culturas, ten unhas características comúns. Ata a chegada dos árabes reducíase a lendas, cancións épicas e proverbios. Baixo a influencia árabe e persa estas manifestacións orais consolidáronse por escrito. Non obstante , ata finais do s XIX non se pode falar dunha literatura propiamente dita: a partir de aí apareceron os primeiros poetas e as primeiras composicións líricas nas que abundan os temas tradicionais. Trala Revolución Rusa, a literatura experimentou un rápido proceso de expansión, co desenvolvemento da prosa e do teatro. Os principais representantes desta época son S. Stal’skij, G. Cadas, R. Rašidov, A. Abakarov e Šakhmatov.

    VER O DETALLE DO TERMO