daguestano -na

daguestano -na

(< topónimo Daguestán)

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Daguestán, aos seus habitantes ou á súa lingua.

  2. s

    Natural ou habitante de Daguestán.

  3. linguas daguestanas [LING]

    Grupo de linguas faladas en Daguestán. Pertencen ao grupo superior nororiental das linguas nakho-daguestanas (o kumyk e o azeri, aínda que se consideradan daguestanas por razóns de localización xeográfica, pertencen á familia das linguas turcas). Divídense en catro grupos: o avaro (que inclúe o avaro, o andi e o dido), o darguano, o lak e o lézguico (co lézguico, o tabasarano e o agul). Algunhas das súas características fundamentais son: sistema fonético complicado, cun elevado índice de consonantismo gutural, división dos nomes en clases, amplo índice flexivo e caso ergativo. Ata finais de 1928 utilizaron a escritura arábiga, que se substituíu pola latina e, en 1938, pola cirílica.

  4. literatura daguestana [LIT]

    Literatura multilingüe cultivada polos pobos que forman o Daguestán que, malia estar integrada por diversas culturas, ten unhas características comúns. Ata a chegada dos árabes reducíase a lendas, cancións épicas e proverbios. Baixo a influencia árabe e persa estas manifestacións orais consolidáronse por escrito. Non obstante , ata finais do s XIX non se pode falar dunha literatura propiamente dita: a partir de aí apareceron os primeiros poetas e as primeiras composicións líricas nas que abundan os temas tradicionais. Trala Revolución Rusa, a literatura experimentou un rápido proceso de expansión, co desenvolvemento da prosa e do teatro. Os principais representantes desta época son S. Stal’skij, G. Cadas, R. Rašidov, A. Abakarov e Šakhmatov.