"Dalmacio" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Confederación Nacional del Trabajo (CNT). Asentouse en Vigo en 1923 e, ao pouco de chegar, viuse implicado no conflito da construción e no estoupido dunha bomba na Casa do Pobo, feito polo que ingresou no cárcere. Durante a Segunda República traballou xunto aos boteiros do porto e no artellamento do Sindicato del Transporte Marítimo. Colaborou no voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Solidaridad Obrera, e no xornal madrileño CNT. Escribiu Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo (1933), relato da folga dos mariñeiros da flota de altura, acontecida no segundo semestre de 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome masculino que provén do xentilicio latino Dalmatius ‘dálmata, natural da Dalmacia’, rexión do Adriático oriental poboada polos ilirios. No santoral figuran, entre outros, un santo mártir bispo de Pavia (s IV), celebrado o 15 de decembro, e un arquimandrita de Constantinopla, celebrado o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo compostelán (1094-1095). Monxe da abadía francesa de Cluny, foi destinado á Península Ibérica no 1090, onde participou nas loitas contra os mouros e na toma de Lisboa antes de acceder á mitra compostelá. Nomeado bispo de Compostela polo Papa Urbano II, durante o seu bispado tentou consolidar a reforma gregoriana, participou no Concilio de Clermont (1095), onde solicitou a independencia da igrexa compostelá da sé metropolitana de Braga e a constitución dunha nova sé episcopal en Santiago de Compostela, logo da extinción da sé iriense. Deste xeito, Compostela viuse eximida da xurisdición metropolitana de Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (350? - 440) Arquimandrita de Constantinopla en tempos de Teodosio o Grande. Combateu a herexía de Nestorio e durante o Concilio de Éfeso apoiou a causa de Cirilo de Alexandría. A súa festividade celébrase o 3 de agosto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo e mártir italiano. De familia pagá, converteuse ao cristianismo e predicou na Galia. Foi nomeado bispo de Pavia e morreu martirizado no 304 baixo Maximiano. A súa festividade celébrase o 15 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurisconsulto e político arxentino. Dirixente do partido unitario, opúxose á Ditadura de Rosas e tivo que exiliarse. De volta en Bos Aires (1852), foi senador e ministro de Finanzas, do Interior e de Xustiza. Foi autor do Código Civil arxentino (1869) e coautor do Código de Comercio (1869).

    VER O DETALLE DO TERMO