Dalmacio
Dalmacio
Bispo compostelán (1094-1095). Monxe da abadía francesa de Cluny, foi destinado á Península Ibérica no 1090, onde participou nas loitas contra os mouros e na toma de Lisboa antes de acceder á mitra compostelá. Nomeado bispo de Compostela polo Papa Urbano II, durante o seu bispado tentou consolidar a reforma gregoriana, participou no Concilio de Clermont (1095), onde solicitou a independencia da igrexa compostelá da sé metropolitana de Braga e a constitución dunha nova sé episcopal en Santiago de Compostela, logo da extinción da sé iriense. Deste xeito, Compostela viuse eximida da xurisdición metropolitana de Braga.