Dalmacio

Dalmacio
[ONOM]

Prenome masculino que provén do xentilicio latino Dalmatius ‘dálmata, natural da Dalmacia’, rexión do Adriático oriental poboada polos ilirios. No santoral figuran, entre outros, un santo mártir bispo de Pavia (s IV), celebrado o 15 de decembro, e un arquimandrita de Constantinopla, celebrado o 3 de agosto.

Palabras veciñas

Dallapicola, Luigi | Dallas | Dalmacia | Dalmacio | Dalmacio | Dalmacio, san | Dalmacio, san