"Daniel" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 97.

  • PERSOEIRO

    Colaborador habitual da prensa de finais do XIX con versos costumistas. Acadou unha mención de honra pola súa poesía “O trasno” nos Xogos Florais da Coruña, celebrados en agosto de 1884, publicada posteriormente en Galicia Humorística. Aparece no “Apéndice” antolóxico da Literatura Gallega, de Carré Aldao co poema “Aos estudiantes portugueses”, de 1902. Entre 1882 e 1888 publicou na Coruña varias composicións en castelán tituladas Apropósitos de Carnaval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Crítico musical. Realizou estudios musicais en Vigo e Santiago de Compostela, dedicándose dende moi novo á crítica musical. Colabora en diversos teatros e auditorios galegos en temas de divulgación musical (programas de man, conferencias). Socio fundador e secretario da Asociación Galega da Lírica Teresa Berganza e director adxunto e colaborador da revista musical Cavatina, primeira revista galega dedicada á ópera. Colabora en diversos xornais e revistas especializadas (Scherzo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta sueco de formación autodidacta. En 1914 comezou a publicar as súas poesías. Foi o iniciador da literatura “proletaria” no seu país. Coa súa obra, mestura de tintes sociais cunha especie de fe relixiosa, acadou decontado unha gran popularidade. Salienta Kolvaktarens visor (‘Cancións do carboneiro’, 1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e sindicalista. Foi un dos dirixentes do Partido Socialista Obreiro Español, no que militaba dende 1905, que se excluíu desa organización para fundar o Partido Comunista Español (PCE). Participou na folga ferroviaria de 1912 e foi uns dos organizadores da folga xeral revolucionaria de 1917, feito que motivou a súa detención e posterior condena a reclusión perpetua; sen embargo, ao ano seguinte liberárono ao ser elixido deputado por València. No congreso extraordinario do PSOE, en 1921, foi un dos seis membros da executiva que abandonou o congreso, xunto con trinta delegados, para fundar o Partido Comunista Obreiro, que pouco máis tarde se converteu en Partido Comunista de España, do que chegou a formar parte do seu Comité Central.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Un dos primeiros industriais do cine catalán. Fundou, xunto con Antoni Pujol, os laboratorios Fotofilm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Parapsicólogo e director de cine. Está especializado en fenómenos paranormais e ocultismo en xeral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador provenzal. Foi a figura máis representativa do trobar rico. As súas singularidades expresivas acadaron a miúdo unha rara beleza. Está considerado como o creador da sextina, combinación estrófica usada desde Dante a Ezra Pound.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bioquímico norteamericano de orixe polonesa. Destacou no estudo da fotosíntese, campo en que descubriu, no ano 1954, a transformación da enerxía lumínica en enerxía química utilizable (ATP). Describiu tamén algúns dos intermediarios do esquema Z, modelo de transporte de electróns da fotosíntese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e crítico literario sueco. Formado no Prerromanticismo sueco, constituíuse en abandeirado do grupo literario Auroraförbundet. Toda a súa obra é unha procura da arte en si mesma, da poesía pura. Compuxo unha serie de poemas dramáticos recollidos baixo os títulos de Fagel Bla (O paxaro azul, 1814) e Lycksalighetens Ö (A illa da felicidade, 1824-1827).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Director do Conservatorio de París (1842) e mestre de capela de Napoleón III (1857), escribiu algunhas obras de música de cámara, pero distinguiuse sobre todo polas óperas cómicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesor e político, foi conselleiro de Cultura e Xuventude (1990-1993) durante o primeiro goberno presidido por Manuel Fraga Iribarne. Tras a súa etapa como docente, foi inspector de ensino e ostentou diferentes cargos relacionados coa educación e a formación cooperativa en Galicia. Así mesmo, desenvolveu outros cargos políticos, como delegado de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia en Ourense e concelleiro popular en Ourense, parlamentario autonómico. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta, membro do Consello Escolar de Galicia.
     

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Director de orquestra e pianista israelí. Realizou estudios de piano con Nadia Boulanger e Edwin Fischer, e dirección de orquestra con Igor Markevich. Debutou en Inglaterra en 1950, e en Nova York en 1957. Dende 1964 foi director e solista na English Chamber Orchestra, e dirixiu ópera en Bayreuth e no Festival de Edimburgo. Entre outras, dirixiu a Orchestre de París, a Orquestra Filharmónica de Nova York e a Orquestra Filharmónica de Berlín. Así mesmo acompañou a Fischer-Dieskau, Janet Baker e Jessye Norman. En 1956 recibiu o premio de piano Casella en Nápoles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xesuíta, historiador e escritor italiano. A súa obra principal é Istoria della Compagnia di Gesú (Historia da Compañía de Xesús, 1653 -1675), baseada nos documentos existentes na biblioteca do Vaticano. Foi defensor de Galileo, logo da súa condena. Está considerado como un dos clásicos italianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico, matemático e fisiólogo holandés. Despois de estudar Medicina e Filosofía en Basilea, Heidelberg e Estrasburgo, publicou as Exercitationes quaedam mathematicae (Algúns exercicios matemáticos, 1724), onde tratou temas de probabilidade e a resolución da ecuación diferencial de Ricati. No período en que permaneceu na Academia de San Petersburgo (1725-1733), escribiu a Hydrodynamica (1738), obra onde enunciou o seu principio de Bernoulli. Estableceu os rudimentos da teoría cinética dos gases e fixo traballos sobre os corpos elásticos (cordas vibrantes) e as oscilacións dos sólidos ríxidos. Enunciou tamén os principios de conservación dos momentos e das áreas, simultaneamente con Euler. Fixo avir as ideas de Newton cos métodos do cálculo de Leibniz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta húngaro. A pesar da técnica neoclásica das súas odas, inspiradas en Horacio e tituladas Versei (Poemas, 1813), a exuberancia e o apaixoamento patriótico fixeron que sexa considerado un dos máis destacados prerrománticos do seu país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Colonizador e aventureiro. Explorou as rexións dos actuais estados de Kentucky, onde fundou a cidade de Boonesborough (1775), e Missouri. A súa figura foi exaltada pola literatura e o cine norteamericanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacólogo suízo. Traballou no Institut Pasteur de París e dirixiu o Instituto Superiore di Sanitá de Roma. Realizou estudios moi importantes sobre a acción do curare e o seu uso como anestésico; por este motivo recibiu o Premio Nobel de Medicina e Fisioloxía en 1957.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Músico. Comezou os seus estudios musicais na súa cidade natal para logo ingresar no Conservatorio de Madrid (1940) e tocar na banda de música de Aviación. En 1945 gañou por oposición a praza de profesor de harmonía no conservatorio madrileño. Dez anos máis tarde dirixiu a coral da Estrada e gañou o I Premio no Festival de Coros Rexionais de Ourense. Dende 1964 a 1967 foi o titular dos Coros Rosalía de Castro de Madrid. Compuxo as pezas: Espranza e Sorriso, para voz e piano, Miniatura romántica e Canto al vegetarismo. Recibiu o Premio Montes de Composición en Pontevedra (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Etnólogo e arqueólogo norteamericano. Foi un dos principais iniciadores da etnoloxía en EE UU. Estudiou a lingua e as tradicións dos indios de América do Norte e América Central. Publicou entre outras, The Maya Chronicles (Crónicas dos maias, 1882).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e político, marqués de Brabazón. Catedrático de Historia do Instituto de Lugo e deputado progresista entre 1854 e 1856. Foi redactor, entre 1848 e 1865, do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio, Industria y Obras Públicas e da revista de carácter industrial El Fomento (1862), e director do diario madrileño La Nación (1850). Ademais foi o tradutor da novela de António Augusto Teixeira de Vasconcellos La ermita de Castromino (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO