Bernoulli, Daniel
Físico, matemático e fisiólogo holandés. Despois de estudar Medicina e Filosofía en Basilea, Heidelberg e Estrasburgo, publicou as Exercitationes quaedam mathematicae (Algúns exercicios matemáticos, 1724), onde tratou temas de probabilidade e a resolución da ecuación diferencial de Ricati. No período en que permaneceu na Academia de San Petersburgo (1725-1733), escribiu a Hydrodynamica (1738), obra onde enunciou o seu principio de Bernoulli. Estableceu os rudimentos da teoría cinética dos gases e fixo traballos sobre os corpos elásticos (cordas vibrantes) e as oscilacións dos sólidos ríxidos. Enunciou tamén os principios de conservación dos momentos e das áreas, simultaneamente con Euler. Fixo avir as ideas de Newton cos métodos do cálculo de Leibniz.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Groningen l -
Deceso
Lugar : Basilea