Barata Quintas, Daniel
Barata Quintas, Daniel
Profesor e político, foi conselleiro de Cultura e Xuventude (1990-1993) durante o primeiro goberno presidido por Manuel Fraga Iribarne. Tras a súa etapa como docente, foi inspector de ensino e ostentou diferentes cargos relacionados coa educación e a formación cooperativa en Galicia. Así mesmo, desenvolveu outros cargos políticos, como delegado de Sanidade e Educación da Xunta de Galicia en Ourense e concelleiro popular en Ourense, parlamentario autonómico. O 7 de agosto de 2009 foi nomeado polo Consello da Xunta, membro do Consello Escolar de Galicia.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Rairiz de Veiga