"Delfos" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estatua de bronce realizada en tamaño natural atopada nas escavacións do santuario de Delfos. Formaba parte dun grupo escultórico que representaba a carruaxe completa, é dicir, coas bestas e o moble, pero só chegou ata nós a figura do auriga. Está dedicada a Polizelos, tirano de Xela, a quen se cre que representa posiblemente tralo triunfo nunha competición de carros. É un dos máis salientables exemplos da estatuaria do período artístico severo (inicios do s V a C), ponte entre o arcaico e o clásico na arte da antiga Grecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Grecia, na Fócida, situada na ladeira meridional do Monte Parnaso. Os primeiros achados arqueolóxicos que se localizaron datan do s XIV a C, pero xa na época prehelénica se establecera o santuario e o oráculo da deusa Xea, chamado Pytón. Máis tarde substituíuse o culto desta deusa polo de Dionisio e Apolo; este último absorbeu a actividade oracular dende o s VII a C, cun complicado ritual no seu templo ao redor da sacerdotisa principal, Pitia, que profetizaba en estado de transo. Delfos integrouse na Liga Anfitiónica, que se ocupaba dos asuntos do goberno e da defensa do templo de Apolo e no 595 a C destruíu a cidade de Crisa na Primeira Guerra Sagrada. A partir do 582 a C celebráronse os xogos pitios cada catro anos. No 480 a C produciuse un ataque dos persas que foi rexeitado. A finais do s IV a C, a Liga Etolia fíxose co control de Delfos e no 355 a C sufriu o saqueo dos focenses, que foron derrotados no 346 por Filipo de Macedonia na Terceira Guerra Sagrada. Durante...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Heroe epónimo da cidade de Delfos. Tense considerado fillo de Melanto e de Posidón, quen o tería concibido coa forma de golfiño.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Auriga de Delfos.