"Delos" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 20.

  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Mediu o campo magnético da estrela 78 de Virgo (1909), feito que proporcionou unha das primeiras relacións entre as teorías electromagnéticas e da relatividade. Xunto con H.W. Babcock (1912) construíu o primeiro magnetómetro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrofísico. Mediu o campo magnético da estrela 78 de Virgo (1909), feito que proporcionou unha das primeiras relacións entre as teorías electromagnéticas e da relatividade. Xunto con H.W. Babcock (1912) construíu o primeiro magnetómetro solar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Ulla pola dereita. Nace no lugar de Vilaboa da parroquia de Arca (concello do Pino). O seu curso adopta unha dirección N-S coa que penetra no concello de Touro pola parroquia de Bama. Prosegue polas parroquias de Fontes Rosas, Prevediños, Enquerentes, Foxáns e Bendaña, na que desemboca, logo de drenar unha conca de 96,5 km2. Achega un caudal de 3,4 m3/s.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo Sargadelos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira oriental da ría da Coruña, no litoral da parroquia de Dorneda (concello de Oleiros), situada ao N da punta Boi de Cantos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida en 1972 editada por Ediciós do Castro. Inclúe diversos traballos sobre cultura material en Galicia e sobre arte e industria. No seu número 88, de xuño de 2001, realizouse unha homenaxe á figura de Lois Tobío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONFEDERACIONS

    Confederación de cidades da antiga Grecia formada por Atenas e as cidades xónicas de Asia Menor, Eubea, Calcídica e as Cícladas no 478 a C. Fundouse coa finalidade de evitar un novo ataque dos persas e, despois das Guerras Médicas, converteuse nun instrumento do imperialismo ateniense, que limitou a autonomía das cidades, cobrou o tributo federal e trasladou o tesouro común situado en Delos a Atenas (454 a C). Estas medidas orixinaron numerosas revoltas que foron reprimidas con dureza: a revolta de Megara e Eubea (446 a C), a de Samos (440 a C) e a de Mitilene (428-427 a C). A Liga disolveuse despois da Batalla de Egospótamos (405 a C).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Cícladas, Grecia, situada entre Míkonos e Síros, cunha extensión de 3 km2. A base da súa economía é a agricultura e a pesca. Habitada xa na época micénica, converteuse máis tarde no centro relixioso dos xonios, que puideron formar unha anfitionía ao seu redor. Sometida ao protectorado de Samos ao redor do 600 a C, experimentou uns anos de decadencia durante as Guerras Médicas (500 a C - 479 a C). No 478 a C os pobos xónicos constituíronse na Liga de Delos, dirixida por Atenas, que a converteu na capital da Liga (470 a C). A illa, que pasou a depender de Atenas, liberouse durante as Guerras do Peloponeso pero foi sometida de novo, logo da formación dunha nova Liga (377 a C). Recuperou a súa independencia (315 a C) coa axuda de Antígono I Monoftalmos e encabezou a Liga dos nesiotas, formada polos habitantes das Cícladas que se liberaran do dominio de Atenas. Formalmente conservou a independencia, contando coa protección da dinastía dos Láxidas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Friol baixo a advocación de Santalla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Médico urólogo. Xefe da sección de Urodinámica do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela e xefe do Servicio de Uroloxía do Policlínico A Rosaleda de Santiago de Compostela. Foi profesor da facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela e presidente da Sociedade Galega de Uroloxía. Publicou Incontinencia urinaria, Urodinámica aplicada e El esfínter artificial. Recibiu a Medalla de Ouro da Sociedade Galega de Uroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Carballiño baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Museo situado en Sargadelos (Cervo) no lugar onde se mantivo en funcionamento ata 1875 a Real Fábrica de Fundición e Louza. Pertence ao Consello Galego de Museos. Creado en 1987, conserva os altos fornos, a presa, o pazo, o paseo dos namorados e a casa da administración. Móstranse pezas de cerámica decoradas á man e estampadas, pezas de fundición e moldes orixinais da antiga fábrica de cerámica. O conxunto foi declarado Ben de Interese Cultural en 1972.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Mondariz baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada no Freixo (Crecente). Realizada en cantaría, ten planta en forma de U con dúas alturas. Unido a un dos corpos laterais e aberto cara ao patio sitúase unha escaleira exterior. Na parte posterior ten unha solaina e á adega accédese por un arco de medio punto. O portón de acceso ten ameas e un escudo. Conserva anexa unha capela e ten un pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Carballo baixo a advocación de san Salvador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cervo baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un castelo sinistrado dunha columna de azul; bordo de goles, cargado de oito flores de lis de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de sociedades e institucións iniciadas en 1948 cando Isaac Díaz Pardo instalou no Castro de Samoedo (Sada) un laboratorio para ensaiar a calidade das terras caolínicas do lugar para a fabricación de porcelana. Ao mesmo tempo estudábase a definición dunha nova empresa para Sargadelos. Neste lugar, a finais do s XVIII, o ilustrado Antonio Raimundo Ibáñez, en base aos recursos naturais daquela bisbarra, proxectou unha empresa siderúrxico-cerámica que foi un exemplo de planificación adiantada ao seu tempo e que se estuda como unha das primeiras iniciativas do capitalismo industrial en España. En 1809 morre Ibáñez, pero o acertado das súas ideas queda demostrado en que as empresas sobreviviron ata 1875, ano en que pecharon definitivamente. Todas estas ideas e iniciativas foron tomando corpo no Laboratorio de Formas, institución teórica ideada por Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo para recuperar a memoria histórica e analizar as raíces da linguaxe das formas. En 1963 o Laboratorio de Formas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antonio Raimundo Ibáñez.

    VER O DETALLE DO TERMO